>
> >>>        - o que se dixo de montar un sistema de votación de termos tipo
> >>> meneame é factible e sería útil?? deixamos logo de colaborar ca
> >>> comunidade de terminoloxia establecida(lexiterm)?? crease este novo
> >>> servizo coma unha ferramenta que lles podemos ofrecer??
> >>
> >> Pareceríame interesante que o voto sexa cualificado, ou sexa: en vez de
> >> haber simplemente un contador de votos/meneos, que a votación funcione
> tipo
> >> foro, coa posibilidade de enviar candidatos de equivalentes,
> argumentados e
> >> con comentarios e/ou referencias, e de poder concordar ou discordar
> coas
> >> propostas doutros usuarios. Un pouco como funciona o Entrans cando se
> clica
> >> na cadea de orixe mais coa diferenza de que cada contribución estea
> ligada
> >> ao perfil do usuario, para saber se se trata dun tradutor, dun
> filólogo, dun
> >> informático, etc. ou mesmo que cadeas traduciu e como. Con isto
> concordo
> >> indirectamente co que dicía Antón Lado sobre o sistema de valoración de
> >> usuarios.
> >
> > Coincido. O karma serve para modificar o voto das persoas. Se moitas
> > persoas votan  a unha proposta que sae gañadora iso igual podería
> > aumentar o seu karma, dándolle así máis peso á súa decisión nas
> > próximas votacións. Este sistema habería que implementalo de cero, a
> > non ser que se atopen por aí exemplos de sistemas baseados en SL.
> > Supoño que se se monta sería interesante que a comunidade da
> > terminoloxía, non só referente á xente que fomos á xuntanza, usara
> > este sistema para os seus propios debates... polo de agora só vexo
> > claro o de que nós imos colaborar e integrarnos con eles, pero o de
> > que eles se unan á nosa comunidade non o vexo claro...
>
> Eu penso que no canto de votación tería que ser algo que permita dar
> argumentos, sen argumentos a cousa quedaría en isto porque si e do que
> se trata, penso eu, é de consensuar e non impor desde maiorías.


As dúas cousas non teñen por que ser incompatíbeis, digo eu.

Saúde, Manuel
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080513/aebb0c5a/attachment.htm
 

Responderlle a