> En pouco tempo sairá a nova <versión> do <producto>, <descrición>. Este
> produto levará asociado un <documento> que poderá estar accesibel en
> galego se conseguimos traducilo coa suficiente antelación.
>
> Trátase dun documento pequeno mais importante xa que se trata da información
> que o <produto> mostra no seu inicio. Traducilo non require moito tempo e por
> esta razón dende o <grupo> animámoste a que aproveites esta oportunidade
> para colaborar nesta tarefa. Queres axudar? É moi sinxelo:
>
> A seguir atoparás unha breve descrición do traballo que é preciso realizar.
> Bótalle un vistazo e valora se podes asumilo. Como ves é moi sinxelo.
> Anímaste a facelo? Estupendo! Entón envía unha mensaxe á nosa rolda de
> coordenación <enderezo> ofrecendo a túa axuda; deste modo poderemos
> asignarche a tradución se aínda non for asignada ademais de resolverche
> calquera dúbida que che poida xurdir. Se é a primeira vez que nos contactas
> lembra presentarte contándonos algo sobre tí, sempre axuda saber algo de
> cada un de nós! :)
>
> Esquemáticamente, o traballo a realizar sería o seguinte:
>
> 1- Descarga o ficheiro [1] que contén a versión orixinal en inglés do
>   <documento> e descomprímeo. Os ficheiros que precisamos traducir son
>   todos os que teñen a extensión ".html"
>
> 2- O traballo consiste en traducir ao galego as mensaxes textuais deses
>   ficheiros mantendo intactos os marcadores que as conteñen. Por exemplo a
>   tradución de:
>
>        <p>Please, download the file to your Desktop</p>
>
>   sería:
>
>        <p>Por favor, descargue o ficheiro no seu escritorio</p>
>
>   Lembra que é moi importante manter intactos os marcadores e traducir
>   únicamente as cadeas de texto que van ser visualizadas!
>
> 3- Traduce as cadeas de texto.
>
> 4- Comprime os ficheiros traducidos e avisa na rolda para que poidamos
>   revisalos antes de envialos ao repositorio oficial.
>
> E xa está! :)
>
> Saúdos dende <grupo>,

O punto 2 e mailo 3 en que se diferencian? Revisa os castelanismos, os
tiles que faltan ou sobran e o resto de erros. Unha pequena
explicación de que programa usar estaría ben, se é que se quere manter
o esquema dos pasos a seguir.

Responderlle a