Debo insistir: sería importante que o novo coordenador avise a quen 
publicou a nova [1] de que a retiren ou a corrixan, posto que é unha 
información falsa.

Aliás vexo na rolda que Francisco Javier Rial, técnico do CESGA, asumiu
públicamente a súa responsabilidade no erro do Thunderbird. Non foi o 
único erro nin tampouco o mais grave, pero eso é o de menos pois ninguén
é infalibel. O importante é aprender dos erros e que esta vez se apliquen
os controis de calidade da propria Fundación Mozilla en troques de buscar
atallos, para evitar que se repitan no futuro:

http://quality.mozilla.org/

Pola miña parte vou poñer ao tanto a Enrique da evolución deste problema
para que xa se faga cargo él do seu seguimento e darlle solución.

Saúdos,

[1] 
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/solucionado-oficialmente-por-mozilla-o-erro-que-afectaba-ao-thunderbird-30-en-galego/

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a