Boas:
Está próxima a saída do Firefox 4
Como tiña que anovar a extensión do corrector de galego fixen unha nova 
version do paquete en base á version do corrector do openoffice version 
Miguel Solla.
Os que empreguedes o corrector no Firefox ou no Thunderbird apareceravos 
a actualización á versión 2.2.3 (ao mellor tiña que tela posto como 2.3 ¿?)
O caso é que esta versión do corrector é bastante máis pesada (e 
completa) que a anterior.
Eu levo empregándoa uns días e non apreciei que fose máis lenta.

Calquera comentario ao respecto sempre é benvido.
O texto que agora aparece na descrición da extensión é:

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/

"Galician spellchecking dictionary"
This extension was made for "Proxecto Trasno" 2010
Spellchecker files (gl_ES.aff, gl_ES.dic) from Miguel Solla, also for 
"Proxecto Trasno".
IMPORTANT : Based on Normative from RAG on 2003

Logo en "More about this add-on"
explico que as versións anteriores están baseadas no corrector 
desenvolvido por mancomún.

Por certo os de mozilla deben andar liados xa que tardaron uns cantos 
días en activar (revisar) a extensión.
Que preste!

--
damufo





Responderlle a