Ola a todos. Preciso axuda para traducir unha serie de proxectos ou polo menos revisar o que xa está traducido.
Como podedes comprobar na seguinte ligazón, hai moito choio pendente de facer. https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl http://l10n.mozilla-community.org/webdashboard/?locale=gl Isto pasa cada 6 semanas, xa que hai lanzamento de versións novas dos produtos de Mozilla. https://wiki.mozilla.org/Releases Desta vez xuntase choio con páxinas web e que eu xa non estou traballando na USC na OSL, co que agora non teño un porcentaxe da miña xornada laboral para traducir e por riba estou de vacacións (de viaxe nestes momentos). Precisase axuda para rematar de traducir o proxecto Firefox Flicks, o proxecto xa está creado e iniciado en OmegaT. Se hai algún voluntario, pásolle o proxecto e só ten que rematar o que falta. https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=709187 Podedes comprobar o que xa está traducido e o que non. Xa solicitei axuda noutro momento e a ninguén lle interesou. http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/ http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/faq/ http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/brief/ Temos outro proxecto para traducir. SerÃa unha páxina que lle indica aos usuarios da versión 3.1 de Thunderbird que quedan sen soporte e que deberÃa migrar. Soamente unha páxina web. CrearÃavos o proxecto en OmegaT e só terÃades que traducir ese ficheiro. https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=721970 A páxina que hai que traducir: http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/3.1/starteol O outro bug xa me encargou eu porque é/era urxente. E as actualizacións das interfaces dos produtos igual, xa que simplemente é seguir os bugs e copiar as traducións. Pero terá que esperar ata o luns. En Verbatim, tamén temos a tradución do proxecto BrowserID, iniciada e que nalgún momento precisará revisión, xa que o vou traducir o máis axiña posÃbel porque parece urxente. Espero a vosa colaboración. Non son urxentÃsimas as traducións, pero tampouco podemos estar máis dunha semana ou 10 dÃas sen resolvelos. Sigo buscando voluntarios que se queiran encargar de proxectos en firme e de que se responsabilizan da súa xestión por completo. Saúdos.
