Ola Pedro.

Eu son o coordinador do equipo galego, novato para máis detalles,
aínda que levo máis dun ano, pero aínda non chego aos dous e moito
menos teño dominado o asunto. Aínda teño pendente a organización do
equipo e ver como distribuír o traballo. De entrada o único que teño
claro e a forma de traducir as páxinas web, que tanto eu como a xente
que colabora, empregamos OmegaT.

Con respecto ao aplicativos, Firefox, Thunderbird, ..., ao principio
empregaba Narro, e ía ser a forma escollida de traducir, todo en liña,
pero agora xa non o teño claro. Xa fai varios meses que traballo en
local, sen ningún aplicativo, ficheiros de texto a pelo (parece unha
animalada, pero co corpus de mozilla, estame sendo o mási práctico e
rápido). Traduzo todo eu só, e cando teño dúbidas pregunto na rolda.

A xente leva proposto moitos proxectos para traducir. Entre eles a
documentación. Podería ser interesante traducir sumo, pero ten que
aparecer unha persoa con gañas de traducir e que se responsabilice do
proxecto. Eu non dou para máis, xa que entre outras cuestións, aínda
teño pendente de ver que facemos co sitio web do equipo galego. Por
agora estamos en galician.mozdev, pero cando teño preguntado non levo
obtido resposta. E actualizar a páxina do sitio a man, páxinas html a
pelo e subilas mediante svn, demasiado traballo para min. Co que tamén
habería que ver de montar un novo sitio web para o equipo.

Se queres traducir xa, rexístrate en verbatim
(https://localize.mozilla.org/), e traduce cadeas dos proxectos que
ten o equipo galego. Despois, como coordinador xa me encargarei de
revisar e aprobar as cadeas dos proxectos nos que traballaches. Pero
dáme tempo para a revisión e avisa de que estás traballando en liña.
Ahí, parece que tamén está sumo para traducir entre outros proxectos.
Hai que ter coidado con este aplicativo, xa que ás veces, se carga o
traballo, pero é o que hai, por iso prefiro traducir en local.

Calquera dúbida, pregunta.

Saúdos.

2012/2/6 Pedro García Rodríguez <pgarcia en mozilla-hispano.org>:
> El 06/02/12 00:30, Enrique Estévez Fernández escribió:
>
>> Ola a tod en s.
>>
>> Veño de actualizar as traducións dos repositorios de mozilla ao galego
>> para as diferentes ramas. Xa temos todo ao día. Pódese comprobar aquí:
>>
>> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>>
>> Agora estoy pendente de que os vosos compañeiros me manden os
>> proxectos traducidos dos bugs das páxinas web:
>>
>> http://l10n.mozilla-community.org/webdashboard/?locale=gl
>>
>> Antes de subir as traducións, revisarei os proxectos para manter a
>> homoxenidade co resto de proxectos.
>>
>> Hai outro proxecto que tamén está pendente de tradución, que está en
>> Verbatim, aínda que xa creei o proxecto en OmegaT para poder traducilo
>> en local. Espero poder traducilo nos próximos dous días e que poidamos
>> probar o sitio.
>>
>> Agora toca probar as compilacións diarias para aprobar as traducións.
>> Aínda teño pendente de solucionar unha serie de erros que xa me
>> notificou algún de vos a través da rolda ou de forma persoal. Como
>> comprenderedes, preciso tempo para levar a cabo as tarefas.
>>
>> Calquera dúbida, suxestión, será benvida.
>
> Ola:
>
> Chámome Pedro, son de Pontevedra, e son membro de Mozilla-Hispano
> traballando en labores de traducción en SuMo e SuMoMo, levo colaborando
>  dende o ano 2009. Ainda que non teño moitos km en labores de traducción en
> galego, cosa que non ocurre en castellano,gostariame poder axudar a traducir
> artigos o galego...eso sí traducir non revisar os meus artigos van necesitar
> moita revisión xa que non teño costume de falar en galego*
>
>
> *Creo que este correo e una boa mostra delo...
>
> P.D. Inda non instalei o corrector ortográfico en galego asi que disculpade
> pola mesaxe. :)
>
> Un saudo
>
>
>>
>>
>> Saúdos.
>>
>> 2012/2/2 Enrique Estévez Fernández<keko.gl en gmail.com>:
>>>
>>> Ola a todo en s.
>>>
>>> Moitas grazas pola colaboración. Envíovos un correo privado aos dous
>>> co proxecto e explícovos como proceder, xa que como vou enviar o
>>> proxecto para tradución anexo, pode ter problemas se o envío a rolda.
>>>
>>> O luns espero ter todo ao día.
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>> 2012/1/31 ifrit<ifrit en sonche.eu>:
>>>>
>>>> Veña, vai, eu a páxina web para o Thunderbird :)
>>>>
>>>>
>>>> 2012/1/31 Lucía Paz<lutxinha2004 en yahoo.es>
>>>>>
>>>>>
>>>>> Ola Keko
>>>>>
>>>>> Vexo que hai bastante por facer. Eu estes días si que podo adicarlle
>>>>> algo
>>>>> de tempo, así que me ofrezo voluntaria para o Firefox Flicks (ou
>>>>> calquera
>>>>> outro...)
>>>>>
>>>>> Un saúdo
>>>>>
>>>>> Lucía
>>>>>
>>>>>
>>>>> En 31/01/2012 21:03, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>>>
>>>>>> Ola a todos.
>>>>>>
>>>>>> Preciso axuda para traducir unha serie de proxectos ou polo menos
>>>>>> revisar o que xa está traducido.
>>>>>>
>>>>>> Como podedes comprobar na seguinte ligazón, hai moito choio pendente
>>>>>> de
>>>>>> facer.
>>>>>>
>>>>>> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>>>>>> http://l10n.mozilla-community.org/webdashboard/?locale=gl
>>>>>>
>>>>>> Isto pasa cada 6 semanas, xa que hai lanzamento de versións novas dos
>>>>>> produtos de Mozilla.
>>>>>>
>>>>>> https://wiki.mozilla.org/Releases
>>>>>>
>>>>>> Desta vez xuntase choio con páxinas web e que eu xa non estou
>>>>>> traballando na USC na OSL, co que agora non teño un porcentaxe da miña
>>>>>> xornada laboral para traducir e por riba estou de vacacións (de viaxe
>>>>>> nestes momentos).
>>>>>>
>>>>>> Precisase axuda para rematar de traducir o proxecto Firefox Flicks, o
>>>>>> proxecto xa está creado e iniciado en OmegaT. Se hai algún voluntario,
>>>>>> pásolle o proxecto e só ten que rematar o que falta.
>>>>>>
>>>>>> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=709187
>>>>>>
>>>>>> Podedes comprobar o que xa está traducido e o que non. Xa solicitei
>>>>>> axuda noutro momento e a ninguén lle interesou.
>>>>>> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/
>>>>>> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/faq/
>>>>>> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/brief/
>>>>>>
>>>>>> Temos outro proxecto para traducir. Sería unha páxina que lle indica
>>>>>> aos usuarios da versión 3.1 de Thunderbird que quedan sen soporte e
>>>>>> que debería migrar. Soamente unha páxina web. Crearíavos o proxecto en
>>>>>> OmegaT e só teríades que traducir ese ficheiro.
>>>>>> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=721970
>>>>>> A páxina que hai que traducir:
>>>>>> http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/3.1/starteol
>>>>>>
>>>>>> O outro bug xa me encargou eu porque é/era urxente. E as
>>>>>> actualizacións das interfaces dos produtos igual, xa que simplemente é
>>>>>> seguir os bugs e copiar as traducións. Pero terá que esperar ata o
>>>>>> luns.
>>>>>>
>>>>>> En Verbatim, tamén temos a tradución do proxecto BrowserID, iniciada e
>>>>>> que nalgún momento precisará revisión, xa que o vou traducir o máis
>>>>>> axiña posíbel porque parece urxente.
>>>>>>
>>>>>> Espero a vosa colaboración. Non son urxentísimas as traducións, pero
>>>>>> tampouco podemos estar máis dunha semana ou 10 días sen resolvelos.
>>>>>>
>>>>>> Sigo buscando voluntarios que se queiran encargar de proxectos en
>>>>>> firme e de que se responsabilizan da súa xestión por completo.
>>>>>>
>>>>>> Saúdos.
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> Galician mailing list
>>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>>
>>>>>
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Galician mailing list
>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> --
>>>> ====================
>>>> http://about.me/ifrit
>>>> ====================
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a