Por alusións, véxome obrigado a participar na conversa. De primeiras, a tradución dos produtos de Microsoft está moi dividida. Non son as mesmas persoas as que traducen Office que Windows, por exemplo. Non sei a que «académica» se fai referencia neste caso, mais non coñezo a ningunha persoa que traduza para Microsoft e que utilice «carpeta» e non «cartafol» (tanto na terminoloxía pública coma na privada está establecido ese termo). Con respecto a «ventá», comparto convosco este artigo no que se diferencia as orixes de «ventá», «xanela» e «fiestra» no que se pode ver que o recomendado para un uso popular é venta, mentres que é mellor reservar fiestra e xanela como cultismos. En segundo caso, non creo que a tradución de «separador» para «tab» sexa conflitiva, tendo en conta que «separator» só se usa como separador de elementos (de decimais, por exemplo) e nunca como un elemento de ningunha interface, polo que non debería haber ningún problema para diferencialos. Non sei en base a que os académicos da RAG aceptaron esta definición para este termo, mais non estou en desacordo coa decisión tomada.
Con isto non quero defender todas as decisións que se toman no ámbito terminolóxico por parte das equipas de localización de Microsoft (nin da RAG), mais moitas delas non están tan mal como poidamos pensar nun primeiro momento, aínda que as decisións sexan distintas ás que toman os tranos :). Saudiña a todos, Isaac Álvarez Veiga De: Miguel Bouzada Enviado: mércores, 4 de setembro de 2019 ás 16:06 Para: Lista de correo de Proxecto Trasno Asunto: Re: [terminoloxía] tab Hai unha «académica» traducindo para MocoSoft, é a mesma que valida cousas como ventá e carpeta. Vai ti a explicarlle que unha académica non ten razón :-) O mér., 4/09/2019 ás 15:03, Dani (<[email protected]>) escribiu: Boas Sobre que a RAG tende a dita terminoloxía, este é un claro e incomprensible exemplo: https://www.microsoft.com/es-es/language/Search?&searchTerm=tab&langID=346&Source=true&productid=undefined https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/separador O que é un problema (tab -> separador), xa que ou se contacta coa RAG (eu xa o fixen mais sen resposta) ou habería que mudar todas as «lapelas» por «separador». Penso que é importante que alguén de Trasno contacte coa RAG para explicarlle que a escolla ten conflito con «separator» que como sabedes é outro elementos da interface que pode convivir co TAB (lapela), separador é a peor opción que poderían ter elixido, mesmo sería mellor que elixisen pestana!!! https://www.microsoft.com/es-es/language/Search?&searchTerm=separator&langID=346&Source=true&productid=undefined Non sei quen está traducindo para microsoft pero na miña opinión (a falta de máis datos) comete un error traducindo tab como separador. E como dicía para min a importancia deste glosario radica en que penso que a RAG está a tomalo como referencia. -- Dani http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6862&h=277e60165ef5f9db8c31d875fb65aca59dd9a7f1&sa=2006636330 -- Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL: http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6863&h=b219c9cae37917bfec680cbcf853ab881d367e3e&sa=47447556 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6864&h=1be0e319d4e106052b759f696b35e8babc55359e&sa=816816059
