Bon día a todos:

(e en especial a quen o mereza).

Non vos poño en antecedentes para non aburrivos coa miña vida, e vou ao grao.
Finalmente por agora os meus fillos están matriculados nun colexo
galego que usa uns ordenadores do que en tempos foi Abalar e agora non
sei como se chamará.
Usan gnome, qu se lle vai facer, tócalles bailar coa máis fea, pero
polo menos teñen unha selección de software que me é familiar....
ktouch, kturtle, kgeography, un gcompis capado, scratch (2 !!!!!!
diormío)  etc. etc.

Pois resulta que refozando refozando deron co kturtle e gústalles o tema.
E aquí chegan os problemas: aprender a usar o kturtle co turtlescript
en galego sen documentación traducida dispoñíble é algo, e direi só
algo por ser autocomplacente, algo complicado.

Como está o tema de tradución de kde? (e en xeral, como está o tema
debian? deixeino daquela que cambiaran de linux a systemd)

brgds, Marce

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6980&h=b80b62cff161eb9940f6af8179d560298f8b51a8&sa=2026204328

Responderlle a