Hai que decidir que acentos se recoñecen nas gravacións. Quen o
determina a etiqueta é o propio falante e a súa autoidentificación é
estable porque vai asociada á conta de colaborador. As frases que vai
ler tampouco poden ser escollidas por zonas nin sequera por tipos de
rexistro lingüístico.

Proposta: 5 etiquetas que o doador de voz pode escoller para as súas gravacións

seseo+gheada >>                          Costa atlántica
gheada >>                                      Central
non seseo + non gheada >>           Oriental
sen fonoloxía dialectal, estándar >>Normativo
...                                                 >>Neofalante

Se queredes explícoa lingüisticamente pero trátase dun compromiso
entre variación lingüística clásica do galego, necesidades de
desambiguación para o modelo de lingua e que sexan comprensibles para
a xente. Para nós a clave é o seseo, a gueada e o vocalismo.

Nota: nos idiomas como o español, só distinguen por falas de cada país
+ Andalucía; en catalán, por Cataluña, Valencia e Baleares e logo polo
catalán especial noroccidental e setentrional (en territorio de
Francia, entendo)

Antón

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7435&h=357107e9d802c565e8e97060839b6481b6c26d48&sa=141262012

Responderlle a