Eu non tería claro se identificarme como oriental (por non usar seseo nin gheada a pesar de ser de Vigo), normativo (porque o galego aprendino principalmente na escola) ou neofalante (por vivir anos fóra de Galicia, a nivel fonético igual teño máis parecido con ese perfil).
Cales serían as diferencias entre esas 3 variantes, en que se diferenciarían os falantes dunha delas das outras dúas, en termos que poida entender unha persoa sen coñecementos significativos de lingüística? On 2021-03-01 13:40, Antón Méixome wrote: > Hai que decidir que acentos se recoñecen nas gravacións. Quen o > determina a etiqueta é o propio falante e a súa autoidentificación é > estable porque vai asociada á conta de colaborador. As frases que vai > ler tampouco poden ser escollidas por zonas nin sequera por tipos de > rexistro lingüístico. > > Proposta: 5 etiquetas que o doador de voz pode escoller para as súas > gravacións > > seseo+gheada >> Costa atlántica > gheada >> Central > non seseo + non gheada >> Oriental > sen fonoloxía dialectal, estándar >>Normativo > ... >>Neofalante > > Se queredes explícoa lingüisticamente pero trátase dun compromiso > entre variación lingüística clásica do galego, necesidades de > desambiguación para o modelo de lingua e que sexan comprensibles para > a xente. Para nós a clave é o seseo, a gueada e o vocalismo. > > Nota: nos idiomas como o español, só distinguen por falas de cada país > + Andalucía; en catalán, por Cataluña, Valencia e Baleares e logo polo > catalán especial noroccidental e setentrional (en territorio de > Francia, entendo) > > Antón > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7435&h=357107e9d802c565e8e97060839b6481b6c26d48&sa=141262012 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7444&h=5511f235d680f7d9ae1b7ceae555b4a075bb88a8&sa=957594172
