Cal sería a diferenza entre falar normativo e non falar normativo, a efectos prácticos? Porque imaxino que as frases para ler estarán todas escritas en galego normativo.
O mellor que se me ocorre sería ofrecer á xente unha serie de preguntas para recomendarlles unha etiqueta ou outra. Preguntas como «como pronuncias a palabra X». Imaxino que haberá moita xente que non sexa consciente de que en galego temos máis vogais fonéticas que en castelán, quizais algunhas persoas que queiran participar primeiro deban ver https://www.youtube.com/watch?v=hErJRG-u0jY e intentar determinar se usan ou non as vogais ao falar. Mellor aínda sería que o sistema identificase automaticamente o tipo de falante mediante unha frase que soe distinto segundo cada un dos tipos, pero iso xa non creo que estea ao noso alcance. On 2021-03-03 00:28, Antón Méixome wrote: > A túa dúbida é perfectamente lexítima. Ningunha etiqueta por si soa > define un falante. Serían necesarias moitas. > > Ata certo punto temos que decidir con intuición aquí. A lingüística > traballa xusto ao revés do que aquí se presenta: o normal é recoller "o > que se fala" e despois tentar atopar a estrutura, os trazos que > subxacen. > > Non podemos propoñer ao lector en galego que escolla bloque+área > lingüística porque non abundan falantes puros, porque non teñen por que > saber a que área lingüística pertence a súa fala. Nin aínda que lles > poñamos por concellos sería correcto (o de nacencia, o de formación, o > de onde fan a vida?). > > De feito, o corpus de frases e de gravacións resultante vai ser moi > singular, pretende ser un mix de todo, con variantes de todo tipo. > Xusto ao revés do que fan os corpus científicos. > > O relevante para o noso caso é que etiquetemos aquelas variantes que > supoñan un impacto no recoñecemento de voz (a fonoloxía), porque o > require o procesamento computacional dos rexistros: > > - falantes con seseos/ceceo: casa/caza, luz, cen/sen > - falantes con gheada/gueada: aghachar/agachar, domingo/domingho > - falantes con vocalismo completo sen outros trazos > - falantes con vocalismo castelanizado ou estraño ao galego (e sen > outros trazos) > > Salvo a última, que teño dúbidas, creo que son etiquetas que calquera > galego sabe identificar na súa fala (non se presentaría o que vai entre > paréntese). > > Acento de costa atlántica (teño seseo + gheada+ vocalismo completo) > Acento de galego central (teño gheada+ vocalismo completo) > Acento de galego oriental (non gheada, non seseo, pero non falo > normativo) > Acento normativo (galego, sete vogais, pero falo como aprendín na > escola - xa pode ser en todos os menores de 55 anos, ollo) > Acento neofalante (vocalismo castelán, cinco vogais, sen outros trazos > dialectais - aínda que poida ser un latinoamericano con seseo, do > castelán) > > Quizais se poidan propoñer etiquetas máis directas: > > - Falo con seseo e gheada > - Falo con gheada > - Falo galego común da Galicia oriental > - Falo galego normativo > - Falo como neofalante > > Moitas variantes do galego como as morfolóxicas, que son moi > importantes para a gramática e a ortografía (dos verbos en cantín en > vez de cantei, dos pronomes te/che, dos plurais en camiós ou irmás en > vez de camións ou irmáns) non son importantes salvo para o proceso > contrario, para producir voz sintetizada. Que galego vai empregar un > asistente de voz? > > E aínda máis importante: como se van procesar os castelanismos > constantes que unha intelixencia artificial vai atopar na interacción > cos falantes? Suponse que a comprensión mellorará, irá aprendendo... > > Por idade, e demografía eu espero unhas porcentaxes de participación > deste estilo: > > seseo+gheada = 20% > gheada= 30 % > oriental = 5% > normativo = 40% > neofalante= 5% > > por idades participantes: > < 19 = 5 % > 19-39 = 30 % > 40-50 = 30% > 50-60 = 10% > 60-70 = 10% > +70 = 15 % > > En fin, xa é moito conxeturar. > > Ah, e queda definir o xénero: que etiquetas? Porque hai xente que non > quererá indicalo, ou non se atopa definido > > home/muller/outro? > > Opinade máis, por favor. Isto hai que poñelo antes de que nos abran as > gravacións ao público > > O mar., 2 de mar. de 2021 ás 21:31, Adrian Chaves (<[email protected]>) > escribiu: > > Eu non tería claro se identificarme como oriental (por non usar seseo > nin gheada a pesar de ser de Vigo), normativo (porque o galego > aprendino principalmente na escola) ou neofalante (por vivir anos fóra > de Galicia, a nivel fonético igual teño máis parecido con ese perfil). > > Cales serían as diferencias entre esas 3 variantes, en que se > diferenciarían os falantes dunha delas das outras dúas, en termos que > poida entender unha persoa sen coñecementos significativos de > lingüística? > > On 2021-03-01 13:40, Antón Méixome wrote: > Hai que decidir que acentos se recoñecen nas gravacións. Quen o > determina a etiqueta é o propio falante e a súa autoidentificación é > estable porque vai asociada á conta de colaborador. As frases que vai > ler tampouco poden ser escollidas por zonas nin sequera por tipos de > rexistro lingüístico. > > Proposta: 5 etiquetas que o doador de voz pode escoller para as súas > gravacións > > seseo+gheada >> Costa atlántica > gheada >> Central > non seseo + non gheada >> Oriental > sen fonoloxía dialectal, estándar >>Normativo > ... >>Neofalante > > Se queredes explícoa lingüisticamente pero trátase dun compromiso > entre variación lingüística clásica do galego, necesidades de > desambiguación para o modelo de lingua e que sexan comprensibles para > a xente. Para nós a clave é o seseo, a gueada e o vocalismo. > > Nota: nos idiomas como o español, só distinguen por falas de cada país > + Andalucía; en catalán, por Cataluña, Valencia e Baleares e logo polo > catalán especial noroccidental e setentrional (en territorio de > Francia, entendo) > > Antón > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7435&h=357107e9d802c565e8e97060839b6481b6c26d48&sa=141262012 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7444&h=fd6b22472bb80d04d7f5cbab14f3fcc9f59282f5&sa=570794983 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL: http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7445&h=b1df74cc0dbce2dae27bbe4c9732afe513031b97&sa=360772072 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7459&h=6111f85448ab6ca8d556307e96b9d9211be7d7d0&sa=1922599401
