1, Sobre a duración

Propoño que as sesións sexan de non máis de 3 horas, por min ben poden ser
dúa, unha de mañá 10.30 a 13.30 e outra de tarde 3.30/4.0 a 6.30/7.0

2. Sobre a orde

Propoño que o secretario faga unha ordenación conforme ao interese amosado
por cada termo + un chisco do seu criterio.
(a cantidade de persoas que amosaron interese cando se propuxo)
Ou facer unha enquisa en EUSurvey na que a xente puntúe de 1 a 10 a
preferencia por cada termo (se son moitos termos pode ser mellor de 1 a 20)
https://webgate.acceptance.ec.europa.eu/eusurvey/home/welcome (Nota: eu
teño conta, por se fai falla, aínda que estaría ben que PT tivera a súa)

Por se alguén non coñece EUSurvey. Pertence á Unión Europea con licenza
EUPL (compatíbel GNU)
«*Intellectual Property: Built by DG DIGIT and funded under the ISA, ISA²
<https://ec.europa.eu/isa2/home_en/> and Digital Europe Programme
<https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/activities/digital-programme>
(DIGITAL) EUSurvey is fully open source and published under the EUPL
<https://joinup.ec.europa.eu/collection/eupl> licence. You can download the
source code from GitHub: https://github.com/EUSurvey
<https://github.com/EUSurvey>»*

3. Sobre o límite

Non poría límite, seguramente haberá termos que resolvamos en poucos
minutos e outros que levarán o seu. Chegar ata onde se poida procurando non
enlearnos en bizantinismos.


4. Sobre a(s) datas

Paréceme ben a folla no Framadate


O ven., 19 de maio de 2023 ás 15:35, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>)
escribiu:

> Gustaríame ir preparando unha nova xornada de discusión terminolóxica.
> Eu diría de chamala Trasnada, pero a diferenza de Trasnadas anteriores
> isto sería por Internet e a única actividade sería a discusión
> terminolóxica.
>
> De momento recollín en https://termos.trasno.gal/pendente/ unha lista de
> ~550 discusións pendentes que saquei principalmente do glosario antigo,
> do documento de discusión terminolóxica que mantiña Leandro, e das
> listas de correo (mensaxes a partir da de clausura da Trasnada 13.0).
>
> Creo que os seguintes pasos serían:
> 1. Buscar unha data para a xornada.
> 2. Dar un tempo para que calquera achegue elementos de discusión
> adicionais.
> 3. Ordenar as discusións por prioridade.
> 4. Recadar información sobre as discusións que pensemos que poida dar
> tempo a abordar.
>
> O paso 1 pode facerse en paralelo ao resto.
>
> Pero estaría ben poñernos de acordo en algunhas cousas.
>
> Antes de poñernos a buscar data (paso 1), habería que decidir:
> - A duración: 4h? 8h mañá/tarde?
> - O método de escolla. Estaba pensando nun Framadate con 12 fins de
> semana, empezando 1 mes despois da data de creación do Framadate, e das
> 3 mellores fins de semana, preparar un Framadate máis específico coas
> opcións sábado/domingo mañá/tarde. Pero non sei se será demasiado
> rebuscado.
>
> Antes de comezar co paso 2, estaría ben definir cando remata. Por
> exemplo, que a xente vaia enviando achegas e tras 1 semana sen achegar
> ninguén nada máis pasamos ao paso 3? Ou poñemos un tempo fixo?
>
> Antes de comezar co paso 3, habería que escoller como ordenamos as
> discusións por prioridade. Ocórrenseme:
> - Booleano: cada quen di o que quere tratar (+1).
> - Tres estados: cada quen di o que quere (+1) e o que non (-1).
> - Borda: cada quen di o que quere na orde na que o quere, e calcúlase
> unha puntuación segundo iso.
>
> E antes do paso 4 habería que limitar o número de discusións sobre as
> que recadar información. 100? Supoño que dependerá da duración que
> escollamos para a xornada.
>
> E xa durante a propia xornada podemos decidir cando organizar a seguinte
> xornada (aos 3/6/12 meses?), e cousas a cambiar no proceso se algo non
> funcionou ben.
>
> Como o vedes?
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL :
> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=11990&h=7d8883d8c83964e5e3c5289f8127915df003ea44&sa=742267002
>
>
>
>
> 
>
>

-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12009&h=5b44b87dcbcf611d347647efa3b5b626596d5878&sa=16150274




powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

Responderlle a