EUSurvey ten moi boa pinta, pero non vexo forma fácil (sen web scraping) 
de automatizar a creación do formulario, e non me vexo metendo 555 
preguntas a man.

Creo que acabamos antes se cada quen manda, aquí á lista ou a min, o que 
quere discutir e a orde na que o quere discutir, o poño nun YAML en 
https://gitlab.com/trasno/termos/, e fago que se engada unha columna a 
https://termos.trasno.gal/pendente/ coa puntuación.

On 2023-05-22 09:43, Miguel Bouzada wrote:

> 1, Sobre a duración
> 
> Propoño que as sesións sexan de non máis de 3 horas, por min ben poden 
> ser dúa, unha de mañá 10.30 a 13.30 e outra de tarde 3.30/4.0 a 
> 6.30/7.0
> 
> 2. Sobre a orde
> 
> Propoño que o secretario faga unha ordenación conforme ao interese 
> amosado por cada termo + un chisco do seu criterio.
> (a cantidade de persoas que amosaron interese cando se propuxo)
> Ou facer unha enquisa en EUSurvey na que a xente puntúe de 1 a 10 a 
> preferencia por cada termo (se son moitos termos pode ser mellor de 1 a 
> 20) https://webgate.acceptance.ec.europa.eu/eusurvey/home/welcome 
> (Nota: eu teño conta, por se fai falla, aínda que estaría ben que PT 
> tivera a súa)
> 
> Por se alguén non coñece EUSurvey. Pertence á Unión Europea con licenza 
> EUPL (compatíbel GNU)
> «_Intellectual Property: Built by DG DIGIT and funded under the ISA, 
> ISA² [1] and Digital Europe Programme [2] (DIGITAL) EUSurvey is fully 
> open source and published under the EUPL [3] licence. You can download 
> the source code from GitHub: https://github.com/EUSurvey»_
> 
> 3. Sobre o límite
> 
> Non poría límite, seguramente haberá termos que resolvamos en poucos 
> minutos e outros que levarán o seu. Chegar ata onde se poida procurando 
> non enlearnos en bizantinismos.
> 
> 4. Sobre a(s) datas
> 
> Paréceme ben a folla no Framadate
> 
> O ven., 19 de maio de 2023 ás 15:35, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>) 
> escribiu:
> 
>> Gustaríame ir preparando unha nova xornada de discusión terminolóxica.
>> Eu diría de chamala Trasnada, pero a diferenza de Trasnadas anteriores
>> isto sería por Internet e a única actividade sería a discusión
>> terminolóxica.
>> 
>> De momento recollín en https://termos.trasno.gal/pendente/ unha lista 
>> de
>> ~550 discusións pendentes que saquei principalmente do glosario 
>> antigo,
>> do documento de discusión terminolóxica que mantiña Leandro, e das
>> listas de correo (mensaxes a partir da de clausura da Trasnada 13.0).
>> 
>> Creo que os seguintes pasos serían:
>> 1. Buscar unha data para a xornada.
>> 2. Dar un tempo para que calquera achegue elementos de discusión
>> adicionais.
>> 3. Ordenar as discusións por prioridade.
>> 4. Recadar información sobre as discusións que pensemos que poida dar
>> tempo a abordar.
>> 
>> O paso 1 pode facerse en paralelo ao resto.
>> 
>> Pero estaría ben poñernos de acordo en algunhas cousas.
>> 
>> Antes de poñernos a buscar data (paso 1), habería que decidir:
>> - A duración: 4h? 8h mañá/tarde?
>> - O método de escolla. Estaba pensando nun Framadate con 12 fins de
>> semana, empezando 1 mes despois da data de creación do Framadate, e 
>> das
>> 3 mellores fins de semana, preparar un Framadate máis específico coas
>> opcións sábado/domingo mañá/tarde. Pero non sei se será demasiado
>> rebuscado.
>> 
>> Antes de comezar co paso 2, estaría ben definir cando remata. Por
>> exemplo, que a xente vaia enviando achegas e tras 1 semana sen achegar
>> ninguén nada máis pasamos ao paso 3? Ou poñemos un tempo fixo?
>> 
>> Antes de comezar co paso 3, habería que escoller como ordenamos as
>> discusións por prioridade. Ocórrenseme:
>> - Booleano: cada quen di o que quere tratar (+1).
>> - Tres estados: cada quen di o que quere (+1) e o que non (-1).
>> - Borda: cada quen di o que quere na orde na que o quere, e calcúlase
>> unha puntuación segundo iso.
>> 
>> E antes do paso 4 habería que limitar o número de discusións sobre as
>> que recadar información. 100? Supoño que dependerá da duración que
>> escollamos para a xornada.
>> 
>> E xa durante a propia xornada podemos decidir cando organizar a 
>> seguinte
>> xornada (aos 3/6/12 meses?), e cousas a cambiar no proceso se algo non
>> funcionou ben.
>> 
>> Como o vedes?
>> 
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
>> proxecto@trasno.gal
>> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>> - Cancelar a subscrición no URL : 
>> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=11990&h=7d8883d8c83964e5e3c5289f8127915df003ea44&sa=742267002
>> 
>> 
> 
> --
> 
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» 
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12009&h=0d414cda8ccb3f239cafaa4021568021768d1510&sa=1613627735
> 
> powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for 
> WordPress, more information: https://wpmailster.com



Links:
------
[1] https://ec.europa.eu/isa2/home_en/
[2] 
https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/activities/digital-programme
[3] https://joinup.ec.europa.eu/collection/eupl
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12019&h=fff60edd7f3a1a888de84520b0011046e52df0ea&sa=283647042




powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

Responderlle a