2010/8/31 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2010/8/30 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>>>  no tiboxe só aparece unha referencia a "itinerante"
>>>  no glosima ren.
>>>
>
> Pouco hai pero algo si que había (ollo ! hai que buscar no formulario
> adecuado: no que pon "buscar termo") . Agora engadín algo máis.
>
> http://termos.trasno.net/spip.php?page=termos&buscar=roaming
>
>
>
>>> Aparéceme na mensaxe "Roaming error", clase QNetworkSessionPrivateImpl
>>> das qt. (si, estou coas Qt orixinais, fora do KDE).
>>>
>>> a) Suxestións?
>>
>> O concepto ten toda a punta de ser ese mesmo. Supoño que se dá cando o 
>> usuario
>> está en modo itinerante (saltando de wifi en wifi) e perdeu calquera 
>> conexión.
>>
>>> b) Como levar estas cousas no glósima ? (Vamos, que non sei como
>>> iniciar unha discusión terminolóxica alí, onde deberan facerse)
>>
>> Non sei eu se está listo para un uso extensivo. En todo caso, creo que fai
>> falla dar permisos a todos os trasnegos sobre un dos glosarios primeiro, para
>> traballar nel.
>
> Está para traballar nel. Non se pode calibrar as necesidades concretas
> se non se usa.
> O de dar permisos é obvio pero depende dos "usuarios". É o usuario o
> que se subscribe
>
> Logo de subscribirse éntrase como en calquera servizo web
> http://termos.trasno.net/spip.php?page=login
>
> Hai varios niveis de permisos, segundo cada glosario. Queredes un de
> proba? xa está creado
>
> http://termos.trasno.net/spip.php?page=termos&id_glosario=Gloproba&presentacion=1
>
> pero se non vos rexistrades non avanzamos nada.

Certo. A ver se cando remate os exames e teña algo de tempo libre fago
unha especie de manual para explicarvos como vai o tema.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a