> Se o galizionario se compromete a ser estritamente normativo e
> establece algún tipo de validadación académica ou oficial podería ser
> a saída a estes problemas.

Os catro ou cinco editores que debe haber agora (entre eles damufo e máis eu), 
todos estamos aplicando a normativa (léase «vendo que estean no VOLG»).

> Non estou involucrado no seu desenvolvemento en absoluto pero
> propóñovos como ideas aos que si estades, comezar por
> 
> - contactar cos departamentos de normalización das 3 universidades...
> e logo os departamentos de galego correspondentes
> - contactar coa CTNL (ctnl.org) que aglutina a case todos os técnicos
> de normalización do país (e os servizos lingüísticos que case sempre
> teñen web)
> - contactar cos ENL dos centros docentes, a través da súa coordinadora
> (coordinadoraendl.org)
> - contactar co ILG e o Instituto Ramón Piñeiro
> - contactar coa RAG
> - contactar coa SXPL (para que o incorporen como recurso na súa lista)
> http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos
> 
> e con iso
> 
> - ofrecer o galizionario como recurso fiable
> - ofrecer asesoramento para incorporar o buscador do galizionario en webs
> - demandar colaboración
> - crear unha campaña de difusión do recurso (un éxito seguro se se fai a
> tempo) - incorporar o Galizionario como motor buscador no Firefox

Como mencionei, nestes momentos hai pouco colaborador. Antes de darlle 
publicidade ou contactar con ninguén, é necesario aumentar a base, completalo 
de xeito que podamos ofrecelo coma algo factible para usar coma dicionario. A 
súa falta de vocabulario actual deixaríanos en mal lugar ante calquera 
institución (malia o gran traballo que está a facer Furagaitas, o principal 
contribuidor)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a