En 2010/09/22 11:36, Adrián Chaves Fernández escribiu:
Se o galizionario se compromete a ser estritamente normativo e
establece algún tipo de validadación académica ou oficial podería ser
a saída a estes problemas.
Os catro ou cinco editores que debe haber agora (entre eles damufo e máis eu),
todos estamos aplicando a normativa (léase «vendo que estean no VOLG»).
Non estou involucrado no seu desenvolvemento en absoluto pero
propóñovos como ideas aos que si estades, comezar por
- contactar cos departamentos de normalización das 3 universidades...
e logo os departamentos de galego correspondentes
- contactar coa CTNL (ctnl.org) que aglutina a case todos os técnicos
de normalización do país (e os servizos lingüísticos que case sempre
teñen web)
- contactar cos ENL dos centros docentes, a través da súa coordinadora
(coordinadoraendl.org)
- contactar co ILG e o Instituto Ramón Piñeiro
- contactar coa RAG
- contactar coa SXPL (para que o incorporen como recurso na súa lista)
http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos
e con iso
- ofrecer o galizionario como recurso fiable
- ofrecer asesoramento para incorporar o buscador do galizionario en webs
- demandar colaboración
- crear unha campaña de difusión do recurso (un éxito seguro se se fai a
tempo) - incorporar o Galizionario como motor buscador no Firefox
Como mencionei, nestes momentos hai pouco colaborador. Antes de darlle
publicidade ou contactar con ninguén, é necesario aumentar a base, completalo
de xeito que podamos ofrecelo coma algo factible para usar coma dicionario. A
súa falta de vocabulario actual deixaríanos en mal lugar ante calquera
institución (malia o gran traballo que está a facer Furagaitas, o principal
contribuidor)
Eu penso que se debería simplificar e facelo parecerse máis a un
dicionario tradicional, xa haberá tempo de completalo con traducións
pronunciacións....
Debería ser fácil, polo menos ao principio, que calquera que non atope
un termo o introduza, e o de recorrer ao dicionario de catalá non o
sabía eu, pódese por unha ligazón a ese e outra ao do portugués ;-).
Parece mentira que non teñamos un dicionario de galego público (e con
público refírome a que sexa gpl ou cunha licenza que permita liberdade
de uso, modificación, distribución...)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto