Trasno ten como obxectivo o apoio e a autocoordinación dos tradutores
de software (e máis a coordinadores de proxectos). O feito de ser ou
non socio non é relevante para a túa petición. Os dereitos vinculados
a ser socio teñen que ver coa marcha, xestión e a faceta
representativa do Proxecto Trasno.

O que quero dicir é que hai 2 naturezas en Trasno: a de "proxecto" ou
grupo de colaboración libre, como o foi historicamente e a da
Asociación.

Non sei se a directiva da A.C Proxecto Trasno necesita que as
peticións deste tipo sobre a infraestrutura sexan apoiadas polos
socios. Se fose necesario, manifesto aquí o meu apoio a teres un
blogue sobre Mozilla.




2010/10/6 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
> Boas.
>
> Non son socio de Trasno e non sei se teño dereito a ela. Podo ter unha
> conta de bloque no que escribir entradas, pero que non teñen porque ir
> directamente a portada, xa que me gustaría escribir cousas sobre
> Mozilla, sobre a miña labor como coordinador e ir documentando
> movidas. E cousas que non teñen que ver coa tradución.
>
> O que sexa, ben estará.
>
> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a