A referencia normativa

«... a Real Academia Galega asume as propostas presentadas neste libro
de tal maneira que cada entrada pode a efectos oficiais, ser
considerada un dictame»

Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 1992



Desgraciadamente, non aparecen nin Abigaíl nin Abigail.

Por extensión, seguramente calquera publicación da Ed. Ir Indo terá o
nome recollido en galego de forma válida, aínda que non sexa
refrendado polos autores dese Dicionario de nomes pero aí estamos
chafados outra vez... Tanto o www.digalego.com como www.egu.es están
pechados ao público xa.

Así que só queda recurrir á biblioteca persoal e aí si. O Dicionario
da Enciclopedia Galega Universal di

Abigail
Muller de Nabal, home de prol de Carmel. Aplacou a ira de David para
vingarse do seu home. Nabal morrreu dez días despois por mor da ira de
Deus. David, daquela, tomou po esposa a Abigail coa que tivo o seu
segundo fillo chamadao Quilab ou Daniel.

Daquela estamos como ao principio.

DEGU > Abigail
A Mesa > Abigaíl

Négome a concederlle ao recurso da Mesa máis valor oficial por moito
que teña aí un logo da Consellería de Innovación e Industria. A proba
da falta de rigor dese recurso xa a dá a propia entrada: seica Abigaíl
significa «Deus é xubiloso»... parece de risa. A  interpretación
correcta sería «A ledicia do Pai». Respecto da pronuncia, se temos en
conta a orixe é un nome hebreo (אֲבִיגָיִל, Avigáyil ʾĂḇîḡáyil o
ʾĂḇîḡāyil) está claro que é un unha palabra grave ou máis ben un
ditongo (A-bi-gail), nunca un hiato (A-bi-ga-il).

O que non teño á man é unha edición da Biblia en galego (publicada en
1989, mira ti cando ía ser útil) para confirmar cal é o nome oficial
pola doutrina católica. Se alguén a ten ...

Por certo, NON EXISTE NA INTERNET NINGUNHA POSIBILIDADE DE VER A
BIBLIA COMPLETA EN GALEGO. Creo que é unha carencia cultural gravísima
e nunca vin ningunha reivindicación ao respecto.


P.S.
http://www.bibletime.info/index.html
Proxecto BibleTime, en Linux (e en inglés,claro). Licenza GPL












2010/10/27 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> O corrector dá por boa Abigail e por mala Abigaíl. Sabe alguén que
> documentación é a que «conta» para os nomes propios? Estou a basearme en
> http://www.amesanl.org/quefacemos/nomesgalegos/nomesgalegos.html
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a