Mellor esperar. Cando teña un nas mans examínoo e miro que cousas ocultas pode 
ter.

Xosé


O Mércores 03 Novembro 2010 15:00:58 Miguel Branco escribiu:
> «Estes ordenadores veñen equipados co máis recente sistema operativo Ubuntu
> (un dos máis empregados pola comunidade de usuarios e deseñadores de
> programación aberta) e, segundo informa a Xunta, incorporan o galego por
> defecto»
> 
> Creo que temos unha alusión directa aquí. A falta de comprobalo na
> realidade (como están os sitemas e tal, xa que pouco me fío a estas
> alturas), benvido sexa o proxecto.
> 
> Ao voso criterio deixo se redactamos unha nova felicitando a iniciativa ou
> non.
> 
> Saúdos!
> 
> 
> 
> 2010/11/2 Fran Diéguez <fran.dieg...@mabishu.com>
> 
> > Os ultraportátiles darán acubillo a un sistema operativo Ubuntu 10.04 e á
> > lingua galega como opción por defecto, manifestou a Xunta!!!!
> > 
> > 
> > 
> > Enviado por Fran Diéguez a través de Google Reader:
> > 
> > 
> > Case 15.000 escolares galegos recibirán os ultraportátiles de ABALAR ao
> > longo do mes de
> > novembro<http://www.codigocero.com/Case-15-000-escolares-galegos> vía
> > Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia <http://codigocero.com/>de
> > Redacción el 2/11/10
> > 
> >  Logo de certos
> >  retrasos<http://www.codigocero.com/Demoras-na-chegada-dos-primeiros>rel
> >  acionados co aprovisionamento do material informático que constitúe unha
> > 
> > das bases de ABALAR, a iniciativa do Goberno galego para dixitalizar as
> > aulas do país semella que colle forza. De feito, será este mércores 3 de
> > novembro cando se poña ao alcance da comunidade escolar o portal da
> > iniciativa e, ademais, darase continuidade nas vindeiras semanas ao
> > espallamento de ultraportátiles para os alumnos e mestres que comezou xa
> > na recta final de outubro. Así o comunicou a Consellería de
> > Educación<http://www.edu.xunta.es/web/node/1677>ante os medios
> > informativos no mediodía deste martes 2, cita cos xornalistas que lle
> > serviu á Xunta para botar luz sobre algúns dos principais obxectivos de
> > ABALAR, a curto e medio prazo: levar equipamento informático a 14.500
> > escolares a longo do mes de novembro e converter en dixitais (ao longo
> > deste curso) máis de 700 aulas de 300 centros educativos do noso país. O
> > proceso virá acompañado da posta en marcha do portal-plataforma
> > EspazoABALAR e incluirá entre outras cousas a achega masiva de equipos
> > informáticos Inves Noobi 10. Os ultraportátiles darán acubillo a un
> > sistema operativo Ubuntu 10.04 e á lingua galega como opción por
> > defecto, manifestou a Xunta, que lembrou que nas vindeiras semanas
> > complementarase esta opción coa achega doutros idiomas.
> > Na presentación de ABALAR participaron o conselleiro de Educación, Xesús
> > Vázquez, a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e máis o
> > subdirector xeral de Sistemas Informáticos de Educación, Carlos Vázquez,
> > quen fixo unha demostración práctica do funcionamento e recursos
> > dispoñibles do portal de ABALAR.
> > Xesús Vázquez, amais de expor as obxectivos xenéricos da iniciativa,
> > quixo salientar o carácter “*ambicioso*” da mesma, tanto no vieiro da
> > modernización do sistema educativo como na modernización do país. “*O
> > noso obxectivo*”, dixo, “*é conseguir que ao rematar o curso 2013/2014 o
> > alumnado de 5º e 6 º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria dispoña do
> > equipamento e formación para acadar a plena integración das novas
> > tecnoloxías do coñecemento”.* Para comezar, dixo, este curso escolar
> > máis de 14.500 rapazas e rapaces de 5º de Primaria e 1º da ESO entrarán
> > a formar parte desta iniciativa, o que supón a concorrencia de máis de
> > 700 aulas de 300 centros educativos. En termos orzamentarios,
> > puntualizou, estariamos a falar de máis de 12 millóns de euros para este
> > ano académico, dos que máis do 60% proceden da Xunta.
> > *Equipos ultraportátiles*
> > Os equipos ultraportátiles Inves Noobi 10 que subministra a empresa
> > galega Coremain constitúen un dos piares fundamentais do proxecto e en
> > boa medida unha das facianas visibles. Estes ordenadores veñen equipados
> > co máis recente sistema operativo Ubuntu (un dos máis empregados pola
> > comunidade de usuarios e deseñadores de programación aberta) e, segundo
> > informa a Xunta, incorporan o galego por defecto. O programa, con
> > potencial de abondo como para permitir as mesmas funcionalidades (ou
> > máis) cás dunha boa parte dos programas pechados, é unha das claves de
> > ABALAR, posto que pola súa natureza aberta e participativa permite un
> > abaratamento importante dos custes por mor das licenzas e unha meirande
> > capacidade de adaptación ás necesidades dos usuarios. Xa nun plano
> > técnico, o portátil conta cunha pantalla rotatoria e táctil. As aulas
> > que van dar acubillo aos ultraportátiles estarán dotadas doutro equipo
> > para uso docente, tamén con software libre e incluíndo programas
> > educativos e de accesibilidade para “*facilitar*”, en palabras da Xunta
> > “*a integración das TIC sen ningún tipo de exclusión social*”. Amais
> > disto, as clases contarán cun encerado dixital táctil que permitirá “
> > *sesións máis interactivas*” e cun proxector de distancia ultra-curta
> > que evita as sombras sobre o dito encerado. Tamén se equipará as aulas
> > cun armario de carga para amorear os ultraportátiles dos rapaces,
> > *“elemento que ademais ten a funcionalidade de ser empregado como
> > reforzo multimedia*”, e darase acubillo a un punto de rede Wi-Fi para
> > garantir a boa conexión. A iniciativa ABALAR, que xa incluíu a formación
> > de 300 coordinadores TIC (proceso de educación ao que serán incorporados
> > 2.500 profesores e as familias implicadas no dito proxecto), ten dende
> > setembro en funcionamento unha aula piloto na sede de Educación, amais
> > de cinco centros piloto, espazos dixitalizados, noutros tantos centros
> > educativos. As aulas pioneiras serviron para ultimar o espallamento da
> > iniciativa, “*eliminando riscos e mellorando no posible os tempos e os
> > traballos a despregar logo”.* Amais de todo isto, déuselle corpo á
> > plataforma EspazoABALAR, portal que se abre o mércores á comunidade
> > escolar, incluíndo ás familias (que poden realizar seguimentos
> > académicos en liña e máis establecer comunicación cos profesores, entre
> > outras cousas).
> > A plataforma, posta en marcha para fomentar a participación cidadá no
> > eido do sistema educativo (e tamén para reducir as cargas de traballo da
> > Administración), incluirá un repositorio de contidos educativos dixitais
> > de Galicia, ferramenta de xestión, difusión e uso de recursos educativos
> > dixitais seleccionados pola Consellería de Educación, “*que os axentes
> > da comunidade escolar galega poderán compartir entre eles”*, infórmase.
> > Polo que respecta ás linguas da web, dicir que nun primeiro intre
> > figurará unicamente na nosa lingua, concretou Educación, aínda que nas
> > sucesivas melloras previstas (que contarán cun carácter continuo) está
> > previsto a incorporación de castelán e inglés.
> > 
> > Xesús Vázquez anunciando os avances do proxecto ABALAR
> > 
> > Cosas que puedes hacer desde aquí:
> >    - Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de
> >    Galicia<http://www.google.com/reader/view/feed%2Fhttp%3A%2F%2Fwww.cod
> >    igocero.com%2Fspip.php%3Fpage%3Dbackend?source=email>con *Google
> >    Reader*
> >    - Empezar a utilizar Google
> >    Reader<http://www.google.com/reader/?source=email>para mantenerte al
> >    día fácilmente de *todos tus sitios favoritos*
> > 
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a