Staging pode traducirse segundo os contextos como preparación, estadía, acondicionamento, limpeza, probas, escenario... http://sli.uvigo.es/CLIG/dic.php?cadea_busca=staging&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta
Interésame naturalmente o sentido informático máis que o inmobiliario Que vos parece traducila por "acondicionamento" ou "preparación". A min tírame o de "escenificación" e explícome... Un exemplo de uso informático TDF Pootle (staging) > O Pootle da TDF (preparación) Xa supoño que «en fase de probas» sae máis natural pero interésame un substantivo válido. No fondo é un uso analóxico do seu valor teatral, onde o "stage", o escenario único, debe ser reacondicionado para actividades ou esceas específicas. Non é logo unha decoración, nin unha instalación... senón unha "posta en escea", unha simulación realista, ... Non sei, teño dúbidas do seu valor terminolóxico, da necesidade de formalizar unha equivalencia. Non sei se me entendedes... _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

