Grazas Fran, pásoa ao Glósima
2010/11/12 Fran Dieguez <[email protected]>: > Eu podo contribuír a esta discusión, xa que toca puntos do meu día a > día. > > Normalmente cando fas desenvolvementos de programas informáticos moi > grandes chegado un momento antes de poñer en "produción" unha nova > versión/revisión debes, obrigatoriamente, poñer o mesmo nun ambiente o > máis semellante ao de produción (situacións adversas e situacións de > demanda e carga semellantes ou máis estresantes que ás de produción). > Así asegúraste que o teu aplicativo antes de ser exposto ao "publico" ou > traballo real non falle nin cause perdas de servizo. > > Eu neste caso decantaríame por escenificación directamente. > > Agardo fora de axuda. > > O Ven, 12-11-2010 ás 12:41 +0100, Antón Méixome escribiu: >> Staging pode traducirse segundo os contextos como preparación, >> estadía, acondicionamento, limpeza, probas, escenario... >> http://sli.uvigo.es/CLIG/dic.php?cadea_busca=staging&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta >> >> >> Interésame naturalmente o sentido informático máis que o inmobiliario >> Que vos parece traducila por "acondicionamento" ou "preparación". A >> min tírame o de "escenificación" e explícome... >> >> Un exemplo de uso informático >> >> TDF Pootle (staging) > O Pootle da TDF (preparación) >> >> Xa supoño que «en fase de probas» sae máis natural pero interésame un >> substantivo válido. >> No fondo é un uso analóxico do seu valor teatral, onde o "stage", o >> escenario único, debe ser reacondicionado para actividades ou esceas >> específicas. >> Non é logo unha decoración, nin unha instalación... senón unha "posta >> en escea", unha simulación realista, ... >> >> Non sei, teño dúbidas do seu valor terminolóxico, da necesidade de >> formalizar unha equivalencia. Non sei se me entendedes... >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

