Eu podo contribuír a esta discusión, xa que toca puntos do meu día a día.
Normalmente cando fas desenvolvementos de programas informáticos moi grandes chegado un momento antes de poñer en "produción" unha nova versión/revisión debes, obrigatoriamente, poñer o mesmo nun ambiente o máis semellante ao de produción (situacións adversas e situacións de demanda e carga semellantes ou máis estresantes que ás de produción). Así asegúraste que o teu aplicativo antes de ser exposto ao "publico" ou traballo real non falle nin cause perdas de servizo. Eu neste caso decantaríame por escenificación directamente. Agardo fora de axuda. O Ven, 12-11-2010 ás 12:41 +0100, Antón Méixome escribiu: > Staging pode traducirse segundo os contextos como preparación, > estadía, acondicionamento, limpeza, probas, escenario... > http://sli.uvigo.es/CLIG/dic.php?cadea_busca=staging&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta > > > Interésame naturalmente o sentido informático máis que o inmobiliario > Que vos parece traducila por "acondicionamento" ou "preparación". A > min tírame o de "escenificación" e explícome... > > Un exemplo de uso informático > > TDF Pootle (staging) > O Pootle da TDF (preparación) > > Xa supoño que «en fase de probas» sae máis natural pero interésame un > substantivo válido. > No fondo é un uso analóxico do seu valor teatral, onde o "stage", o > escenario único, debe ser reacondicionado para actividades ou esceas > específicas. > Non é logo unha decoración, nin unha instalación... senón unha "posta > en escea", unha simulación realista, ... > > Non sei, teño dúbidas do seu valor terminolóxico, da necesidade de > formalizar unha equivalencia. Non sei se me entendedes... > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

