> Non confundamos glosarios con memorias de tradución.
> 
> Xa desde hai varias versións o Lokalize permitia crear varias memorias
> de tradución. Pero se creas un proxecto chamado «proba» as suxestións
> de memoria de tradución só poden proceder dunha memoria de tradución
> chamada «proba» por moitas memorias de tradución que teña o Lokalize
> configuradas.
> 
> O que pregunta Marce (se entendín ben) é se por fin eliminaron esta
> estúpida restrición e se pode indicar no proxecto as MT que pode usar
> e se se pode indicar unha prioridade entre elas. Por exemplo se creas
> un proxecto para traducir o Inkscape seguramente queiras usar memorias
> de tradución creadas para o Krita, o Gimp, Scribus... pero ante todo
> queres que a memoria de tradución de Inkscape (con traducións
> anteriores de Inkscape) sexa a que teña a maior preferencia sobre
> todas as demais. Non sei se me explico.
> 
> E si, penso que para os glosarios (terminoloxía) debería haber algo
> semellante.

Pois eu cos proxectos do Lokalize nunca me levei ben (sempre acaba o Lokalize 
facendo catapluf mentres os fago), pero nas páxinas de creación/configuración 
dos proxectos só hai algo relacionado cos glosarios (nada coas memorias): a 
liña de toda a vida para escoller UN glosario TBX para o proxecto.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a