Boas, No meu caso no Thunderbir, fun a complementos e premín en Buscar
actualizacións e xa a detectou e actualizou.
En 2011/02/17 14:22, Miguel Bouzada escribiu:
Boa cousa :-D
Agardando a que apareza a actuallización
2011/2/17 damufo <dam...@gmail.com <mailto:dam...@gmail.com>>
Boas:
Está próxima a saída do Firefox 4
Como tiña que anovar a extensión do corrector de galego fixen unha
nova version do paquete en base á version do corrector do
openoffice version Miguel Solla.
Os que empreguedes o corrector no Firefox ou no Thunderbird
apareceravos a actualización á versión 2.2.3 (ao mellor tiña que
tela posto como 2.3 ¿?)
O caso é que esta versión do corrector é bastante máis pesada (e
completa) que a anterior.
Eu levo empregándoa uns días e non apreciei que fose máis lenta.
Calquera comentario ao respecto sempre é benvido.
O texto que agora aparece na descrición da extensión é:
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/
"Galician spellchecking dictionary"
This extension was made for "Proxecto Trasno" 2010
Spellchecker files (gl_ES.aff, gl_ES.dic) from Miguel Solla, also
for "Proxecto Trasno".
IMPORTANT : Based on Normative from RAG on 2003
Logo en "More about this add-on"
explico que as versións anteriores están baseadas no corrector
desenvolvido por mancomún.
Por certo os de mozilla deben andar liados xa que tardaron uns
cantos días en activar (revisar) a extensión.
Que preste!
--
damufo
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto