Ola Miguel,

Estiven probando no seu día o OpenThesaurus, e con perdón do developer
orixinal, pareceme unha cagada de proxecto (tecnicamente falando e tamén
na execución do mesmo).

O proxecto que tenho en mente é moito máis grande que o propio
OpenThesaurus. Non só pensando na creación dun software (con licenza GPL
ou MIT, xa decidirei) completo e fácil de estender, senón tamén que
inclúa unha interface sinxela e coidada (e engadiría que empregando as
últimas tecnoloxías en web) e con xestión de múltiples usuarios
concurrentes en varios proxectos de dicionarios (no sentido máis amplo
da palabra).

Agora mesmo non tenho tempo para implementar nada por motivos de carga
de traballo. Pero estimo que antes de escribir unha soa linha de código
preciso duns:
 - 2 meses para planificar a infraestrutura e seleccionar as mellores
tecnoloxías a empregar
 - unhas 3 semanas para facer prototipos da interface
 - e finalmente a implementación xa sería algo máis costoso (en termos
de tempo)

Loxicamente en canto me ponha tentarei contar co bo saber de lingüistas
que me poidan asesorar.

Este é un proxecto que falamos algúns trasnegos fai tempo e que venho
tendo na cabeza dende fai algún tempo.

Por suposto ter recursos como o que ti enviaches axuda moitísimo na
definición e análise inicial do proxecto.

Saúdos

O Xov, 17-02-2011 ás 22:26 +0100, Miguel Solla escribiu:
> Ola Fran,
> Eu usei openthesaurus. Non é gran cousa, a verdade. A contorna é
> bastante deficiente, require a manipulación do php.ini para que
> vaia... 
> E mesturei varias versións...
> Partín do svn. Traducín a interface...
> Manipulei a base de datos para engadirlle unha táboa máis que recolle
> a categoría gramatical, baseándome no código do openthesaurus-es que
> recolle esta funcionalidade (pero que está feita sobre unha versión
> anterior e ten máis deficiencias aínda), pero o resultado tampouco é
> satisfactorio 100% porque no deseño actual a categoría recóllese para
> cada synset (para os dous membros dunha sinonimia) e parece máis
> apropiado que cada membro tivese a súa. Logo depurei o php e manipulei
> o deseño da interface para poder editar os campos que quería usar
> depurei as partes que non funcionaban e mellorei as consultas a MySQL.
> O resultado é unha trapallada que funciona no servidor local, cando
> modifico o php.ini (porque outras cousas non tiran). 
> Saúdos

-- 
Fran Diéguez
Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a