Saístes no Telexornal. Víaseche a ti, Fran, Miguel e outro, podería
ser Indalecio?
Foi moi de pasada pero fixestes de "ilustración" cando se falaba dos
obradoiros da XGN en contraste cos "frikis" que levaban moitas horas
sen durmir (iso era o único que parecía importarlle ao xornalista que
lles puxo o micro diante)



2011/4/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> Ola,
> ao final aparecimos 6 socios de Trasno.
>
> Montamos un stand (un dos tres que había) ao que se achegou algunha
> xente e lles respondimos preguntas e repartimos CDs e DVDs de Ubuntu,
> openSUSE e algún de Minino. A xente tamén levou exemplares do manual
> de Ubuntu e trípticos sobre software libre xentileza de Inestable.
> Tivemos que «pelexar» algo cun neno que que nos queria levar todo o
> material do stand para repartirlle aos seus amigos, pero en xeral creo
> que a cousa foi bastante ben.
>
> Tamén demos unha charla sobre os 11 anos de tradución de SL ao galego
> e impartimos un obradoiro sobre tradución. O material que se usou para
> o obradoiro está pendurado en
> http://trasno.net/ficheiros/upload/xgn2011/
>
> Supoño que estes días se publicará unha nova máis detallada e con
> fotos sobre a nosa participación nesta XGN.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a