2011/4/16 Antón Méixome <[email protected]>: > Saístes no Telexornal. Víaseche a ti, Fran, Miguel e outro, podería > ser Indalecio?
Sería Macada. Indalecio e Chaves viñeron despois de ter trasladado o stand a un lugar máis propicio e iso foi despois de que viñeran gravar os da Galega. Podedes darlle as grazas a Victor por dicirme que os da Galega andaban dando voltas pola intranet e polo tanto fun falar con eles para que tomaran uns planos do stand e nos fixeran unha entrevista. Debian ter présa e non houbo entrevista, pero xa me conformo con que nos botaran pola Galega. O certo é que hoxe tivemos que andar detrás de moita xente para conseguir algo de proveito. > Foi moi de pasada pero fixestes de "ilustración" cando se falaba dos > obradoiros da XGN en contraste cos "frikis" que levaban moitas horas > sen durmir (iso era o único que parecía importarlle ao xornalista que > lles puxo o micro diante) É que andaban buscando á xente que máis lles conviña e non lles valía calquera. Paréceme bastante raro que atoparan a moita xente que non durmira. Este ano pasaron cousas raras como que a maior parte da xente durmiu a primeira noite da XGN. Supoño que mañá sairán as fotos de cando se achegou a "delegación da Xunta" ao noso stand. Supoño que como só había tres lles debeu parecer que non ir a todos quedaba mal. Deica > 2011/4/16 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> Ola, >> ao final aparecimos 6 socios de Trasno. >> >> Montamos un stand (un dos tres que había) ao que se achegou algunha >> xente e lles respondimos preguntas e repartimos CDs e DVDs de Ubuntu, >> openSUSE e algún de Minino. A xente tamén levou exemplares do manual >> de Ubuntu e trípticos sobre software libre xentileza de Inestable. >> Tivemos que «pelexar» algo cun neno que que nos queria levar todo o >> material do stand para repartirlle aos seus amigos, pero en xeral creo >> que a cousa foi bastante ben. >> >> Tamén demos unha charla sobre os 11 anos de tradución de SL ao galego >> e impartimos un obradoiro sobre tradución. O material que se usou para >> o obradoiro está pendurado en >> http://trasno.net/ficheiros/upload/xgn2011/ >> >> Supoño que estes días se publicará unha nova máis detallada e con >> fotos sobre a nosa participación nesta XGN. >> >> Deica >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

