Ao instalar desde as fontes a interface non sae en galego como é debido, así
que coa axuda de Lucia veño de estar arranxando o tema da man de Friedel
Wolff, esta é a solución

abrir un terminal e:

cd ruta/a//virtaal-0.7.0
msgfmt -cv po/gl.po -o virtaal.mo
sudo mv virtaal.mo /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/


2011/6/4 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> A instalación de Virtaal ten certas particularidades xa que unha parte
> instálase en
>
> C:\Documents and Settings\%USERNAME%\Application Data\Virtaal
>
> pero o que interesa de configuración persoal está noutro sitio. Para
> poder ter o Virtaal en galego hai que editar o ficheiro virtaal.ini
>
> C:\Users\%USERNAME%\AppData\Roaming\Virtaal
>
> Editar a opción “uilang”.
>
> Nota: native window dialogs only work when this is not set, or set to
> the system's language.
>
> Alguén máis o probou en Windows? Hai algunha cousa de tradución que me
> ten sorprendido. Aparece "Colar" cando no menú Editar cando no
> ficheiro de localización non está por ningún lado. E no meu sistema
> Ws, que ten o LIP de galego, o bloc de notas mostra
> Editar-Copiar-Pegar. Nada de Colar.
>
> O mesmo pasa co menú Navegación, onde aparecen _Abaixo e _Arriba coa
> mesma tecla de acceso rápido (o cal é de por si un defecto) , que non
> están no ficheiro gl.po
>
> Estiven a buscar en non lle vexo explicación.
>
> Sobre o rendemento de Virtaal, a miña impresión é que non é aínda
> robusto ou non está "perfectamente" integrado en Windows. Ás véces
> quédase un pouco atontada interface, ao redimensionar a pantalla e
> así.
>
> Por certo, en Virtaal aínda non temos o instalador de Windows
> traducido, que sae en castelán.
>
>
>
>
> 2011/6/3 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> > PS: Eu non diría que isto sexa un [OT].
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a