Boas. Tedes razón, pero dáme mágoa que se perda o proxecto. Creo que unha vez traducidos ao 100% como xa está o Firefox e o Thunderbird, despois mantelos non debería ser moi difícil, só traballo de xestión. Outro cantar e facer probas de calidade das traducións e chegado o seu momento aplicar os acordos terminolóxicos aprobados en ambas trasnadas, iso si que vai ser difícil,se se quere que sexa en todas as versións que levan en paralelo. Aínda que aos poucos, se podería ir facendo.
O tema está en que por unhas cousas e outras, non saco tempo para ordenar o asunto. Unhas veces por traballo na OSL, outras por compromisos persoais, outras como fai pouco polo cambio na forma de traballar e a implantación do ciclo de desenvolvemento rápido. Que non hai forma, que o único que fago e traducir e por parches. Aínda teño pendente o tema pa web do proxecto. Se tirar por galician.mozdev.org ou que Trasno nos ceda un drupal para montar algo novo. Pero ahí estamos. A lista de galician.mozdev.org case non dá respostas e seguro que principalmente é pola miña mala xestión. Nunca choveu que non descampara, ou algo así. Xa verán tempos mellores. Saúdos e grazas polos ánimos. 2011/6/29 damufo <[email protected]>: > Boas: > Grazas Keko por todo o traballo que estás a facer. > Gustaríame poder axudar algo máis neste momento non estou dándolle abasto > nin o joomla e quero ver de pórme ao día (sinto non poder facer máis). > O dos complementos como o dicionario pois non é traballo apenas xa que o > verdadeiro traballo foi o de Miguel Solla. > Estarei atento para que non volva a pasárseme. > > En 2011/06/29 18:30, Antón Méixome escribiu: >> >> >> Así que paciencia. Agora que estaba tentando sacar tempo para ver como >> organizar a colaboración caeme a actualización de Seamonkey, que ou >> entramos nesta versión a final de semana que o vexo imposíbel ou na de >> dentro de 6 semanas, pero está todo por facer. Máis de 3000 cadeas por >> aprobar e por traducir. Así que a marchas forzadas, xa que senon >> entramos nunha das dúas, quitan o idioma galego das construcións e iso >> non pode ser, porque despois para volver a metelo sudaríamos tinta. >> Así que me esperan dúas semanas de traballo intenso e traducir moito e >> pouca calidade (moi ao meu pesar). E despois os cursos de verán, co >> que no mes de xullo xa non terei tempo para organizar nada do >> traballo, simplemente ir parcheando. >> >> >> Non pode ser ou si porque coa forza de traballo que hai, compensa? >> Canta xente se beneficia do Seamonkey en galego? >> Pode afectar a outros proxectos que teñan máis prioridade? É estratéxico >> nalgún sentido? >> Hai alguén disposto a compartir a carga contigo? >> >> Se as respostas son "non" ou "ninguén" pois xa está todo dito. > > Penso que concordo co que comenta Antón. > IMHO penso que habería que mirar canta xente o emprega, para min é duplicar > esforzos onde a xente, neste caso keko anda a mil. > Eu penso que dentro dos proxectos mozilla o prioritario é firefox e > thunderbird e con este ultimo o lightning. > >> >> >> >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

