> > Así que paciencia. Agora que estaba tentando sacar tempo para ver como > organizar a colaboración caeme a actualización de Seamonkey, que ou > entramos nesta versión a final de semana que o vexo imposíbel ou na de > dentro de 6 semanas, pero está todo por facer. Máis de 3000 cadeas por > aprobar e por traducir. Así que a marchas forzadas, xa que senon > entramos nunha das dúas, quitan o idioma galego das construcións e iso > non pode ser, porque despois para volver a metelo sudaríamos tinta. > Así que me esperan dúas semanas de traballo intenso e traducir moito e > pouca calidade (moi ao meu pesar). E despois os cursos de verán, co > que no mes de xullo xa non terei tempo para organizar nada do > traballo, simplemente ir parcheando. > > Non pode ser ou si porque coa forza de traballo que hai, compensa? Canta xente se beneficia do Seamonkey en galego? Pode afectar a outros proxectos que teñan máis prioridade? É estratéxico nalgún sentido? Hai alguén disposto a compartir a carga contigo?
Se as respostas son "non" ou "ninguén" pois xa está todo dito.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

