Boas:
Grazas Keko por todo o traballo que estás a facer.
Gustaríame poder axudar algo máis neste momento non estou dándolle abasto nin o joomla e quero ver de pórme ao día (sinto non poder facer máis). O dos complementos como o dicionario pois non é traballo apenas xa que o verdadeiro traballo foi o de Miguel Solla.
Estarei atento para que non volva a pasárseme.

En 2011/06/29 18:30, Antón Méixome escribiu:


    Así que paciencia. Agora que estaba tentando sacar tempo para ver como
    organizar a colaboración caeme a actualización de Seamonkey, que ou
    entramos nesta versión a final de semana que o vexo imposíbel ou na de
    dentro de 6 semanas, pero está todo por facer. Máis de 3000 cadeas por
    aprobar e por traducir. Así que a marchas forzadas, xa que senon
    entramos nunha das dúas, quitan o idioma galego das construcións e iso
    non pode ser, porque despois para volver a metelo sudaríamos tinta.
    Así que me esperan dúas semanas de traballo intenso e traducir moito e
    pouca calidade (moi ao meu pesar). E despois os cursos de verán, co
    que no mes de xullo xa non terei tempo para organizar nada do
    traballo, simplemente ir parcheando.


Non pode ser ou si porque coa forza de traballo que hai, compensa?
Canta xente se beneficia do Seamonkey en galego?
Pode afectar a outros proxectos que teñan máis prioridade? É estratéxico nalgún sentido?
Hai alguén disposto a compartir a carga contigo?

Se as respostas son "non" ou "ninguén" pois xa está todo dito.

Penso que concordo co que comenta Antón.
IMHO penso que habería que mirar canta xente o emprega, para min é duplicar esforzos onde a xente, neste caso keko anda a mil. Eu penso que dentro dos proxectos mozilla o prioritario é firefox e thunderbird e con este ultimo o lightning.





_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a