grazas por ofrecerte a axudar ;)
Tes experiencia en traducir algún programa?  Viches as Preguntas
Comúns de Trasno? http://trasno.net/?q=node/26 Fíxate nas 9, 10 e 11

Eu non son o máis indicado para guiarte, pero nas dúbidas que teñas
tentarei axudarche.
¿Qué sistema operativo usas? eso inflúe nas ferramentas das que dispós
para traballar.

On 25/08/2011, maca do pinheiro <makul...@gmail.com> wrote:
> Ola xente,
>
> Son Maca e acábome de rexistrar fai un pouco na lista de correo.
> Fai pouco tempo que sei da existencia desta comunidade pero paréceme
> un proxecto moi interesante e gustaríame botar unha man.
>
> Entre o choio e outras actividades non teño moito tempo para adicarlle
> pero ós poucos algo inda podo ir facendo!
>
> Teño un nivel de inglés bo e son galegofalante de sempre, son
> programadora pero non estou afeita a traballar con software libre co
> cal penso que isto pode ser unha boa formación.
>
> Con todo isto xa me diredes con que podo comezar a axudar!
>
>
> Saúdos.
>
> --
> maca do pinheiro
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>


-- 
*Xose M*
----------------
Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
----------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a