Pois a experiencia que teño é a de traducir arquivos de
internacionalización en aplicacións web, que é basicamente co que
traballo.

Xa andiven a botarlle un ollo tanto ás preguntas comúns como ás guias
que me atopei pola web e o sistema operativo que utilizo habitualmente
é o XP  anque teño algunha máquina virtual co Ubuntu 9.10.

Moitas grazas a vós.

2011/8/25 Xose M <pikam...@gmail.com>:
> grazas por ofrecerte a axudar ;)
> Tes experiencia en traducir algún programa?  Viches as Preguntas
> Comúns de Trasno? http://trasno.net/?q=node/26 Fíxate nas 9, 10 e 11
>
> Eu non son o máis indicado para guiarte, pero nas dúbidas que teñas
> tentarei axudarche.
> ¿Qué sistema operativo usas? eso inflúe nas ferramentas das que dispós
> para traballar.
>
> On 25/08/2011, maca do pinheiro <makul...@gmail.com> wrote:
>> Ola xente,
>>
>> Son Maca e acábome de rexistrar fai un pouco na lista de correo.
>> Fai pouco tempo que sei da existencia desta comunidade pero paréceme
>> un proxecto moi interesante e gustaríame botar unha man.
>>
>> Entre o choio e outras actividades non teño moito tempo para adicarlle
>> pero ós poucos algo inda podo ir facendo!
>>
>> Teño un nivel de inglés bo e son galegofalante de sempre, son
>> programadora pero non estou afeita a traballar con software libre co
>> cal penso que isto pode ser unha boa formación.
>>
>> Con todo isto xa me diredes con que podo comezar a axudar!
>>
>>
>> Saúdos.
>>
>> --
>> maca do pinheiro
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> --
> *Xose M*
> ----------------
> Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
> ----------------
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
maca do pinheiro
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a