Ola, Hai algúns aplicativos que precisan cariño (en forma de traducións) dentro dos aplicativos adicionais do escritorio GNOME e que se usan moi acotío nas principais distribucións.
Debido que non pertencen directamente ao núcleo do escritorio GNOME. Non están moi arriba na miña lista de prioridades e como eu estou coa documentación non vou poder adicarme a ditas traducións. Os aplicativos en cuestión son: - Banshee: http://l10n.gnome.org/vertimus/banshee/master/po/gl - Xchat-gnome: http://l10n.gnome.org/vertimus/xchat-gnome/master/po/gl - Rhytmbox: http://l10n.gnome.org/vertimus/rhythmbox/master/po/gl - gbrainy: http://l10n.gnome.org/vertimus/gbrainy/master/po/gl - F-spot: http://l10n.gnome.org/vertimus/f-spot/master/po/gl - nautilus-actions: http://l10n.gnome.org/vertimus/nautilus-actions/master/po/gl hai moitos outros pero estes son os que máis relevancia teñen. A maioría dos aplicativos só teñen unhas decenas de cadeas de tradución que realmente non levarían moito tempo traducir. Se estades interesados enviade un correo a esta rolda ou a [email protected] Podedes ver que en GNOME estamos vivos https://twitter.com/#!/gnomeengalego/status/107847407236161536 Cheers -- Fran Dieguez Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member l10n.gnome.org/teams/gl - [email protected] _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

