Home, tamén se pode empregar Compose, que é o que uso eu para escribir os 
puntos suspensivos ou o guión longo:

Tecla de Compose + . + . = …
Tecla de Compose + - + - = —

Para configuralo en Ubuntu tes información aquí: 
https://help.ubuntu.com/community/ComposeKey . Imaxino que valerá tamén para 
outros sistemas con GNOME.

O mellor de Compose é que podes definir tí mesmo que combinacións queres que 
dean como resultado un carácter, co que resulta máis doado escribilos que 
tendo que empregar o código UTF8 correspondente.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a