---------- Forwarded message ----------
From: Diego Lendoiro <di...@inestable.org>
Date: 2011/10/12
Subject: Re: [Guls] HackMeeting 2011 na Coruña
To: Grupos e asociacións de usuarios de GNU/Linux de Galicia <g...@mancomun.org>


Hace unos días por twitter se quejaban de que este año tenían pocos
nodos así que cualquier propuesta les vendrá bien :-)

2011/10/12 Roberto Brenlla <bren...@gmail.com>
>
> Olá,
>
> O Encontro Anual de Hacktivistas deu comezo en Florencia en 1998 e
> desta vez o turno é da Coruña.
>
> Animádevos a facer propostas, todas elas serán avaliadas por
> autoxestión. Participa e divulga!
>
> Embaixo máis info:
> ====
>                                MeigHacks
>                           HackMeeting 2011
>             CALL 4 NODES CHAMADA Á PARTICIPACIÓN v.1.0
>
>                ..:: coñecemento | tecnoloxía | poder ::..
>                 ..:: compartir | construír | resistir ::.
>
>
>            21, 22 e 23 de Outubro de 2011, A Coruña, Galiza
>                 http://sindominio.net/hackmeeting
>
>                        información importante
>                ====================================
>
>
> * Que: Encontro Anual de Hacktivistas
> * Onde e Cando: Do 21 ao 23 de Outubro no CSOA Palavea, A Coruña,
> Galiza:
>  43.328289,-8.387449
> * Data límite para propostas: 17 de Outubro ata as 00.00 Hawai time
>
>
>
>                               intro
>                ====================================
>
> Este ano volven entrarnos as gañas de xuntarnos en torno ao que nos
> motiva:
> o hacktivismo, o ciberespazo, a cultura do software e o hardware
> libres...
> Un fin de semana autoxestionado no que compartir experiencias e
> proxectos tecnopolíticos.
>
> O HackMeeting componse dunha serie de nodos (obradoiros, charlas)
> autónomos e entrelazados.
> Calquera pode propor ou presentar un nodo.
>
> Non hai unha idea preconcibida de que vai ser este hackmeeting. Hacking
> e hacktivismo nun senso amplo:
> hacking de máquinas e protocolos, pero tamén de códigos sociais e do
> xeito de entender e usar a tecnoloxía.
> Ven e comparte os teus hacks (informáticos ou non) de mentes e ideas
> víricas.
> Copyfight, redes distribuídas, hardware libre, inventos ou música,
> debates ou obradoiros...
> Ven e cóntao: propón o teu nodo! ou desexa un nodo.
>
>
>                                temas
>                ====================================
>
> Aquí tes algunhas das liñas temáticas comúns nos últimos Hackmeeting:
>
> ===>   Hack the Media   <===
> * Redes autoxestionadas.
> * Mediactivismo Práctico.
> * Privacidade e anonimato.
> * Encriptación.
> * Seguridade, redes.
>
> ===>   NerdCore   <===
> * Criptografía, esteganografía
> * Phreak, Hack, Crack
> * Virus, intelixencia artificial, vida artificial, cibernética
> * Electrónica, hardware libre, robótica.
>
> ===>   HumanWare   <===
> * cultura/software/hardware libre
> * copyright
> * hacktivismo
> * filosofía hacker
> * cyberpunk
> * Reality hacking, DIY, autoxestión
>
> ===>   Softlibre para todas   <===
> * Como explicarlle GNU/Linux á túa aboa
> * Programas libres: GNU/Linux, Debian, etc.
>
>
>
>                       Como propor un nodo
>                ====================================
>
> Para propor un nodo para o próximo Hackmeeting, envía a proposta á lista
> de correo (hackmeet...@listas.sindominio.net) incluíndo a etiqueta [nodo] no
> asunto.
>
> Se queres ver a evolución da túa proposta, podes ler as respostas que
> xera a túa mensaxe no arquivo da lista, ou ben subscribíndote e participando
> na asemblea telemática como unha máis:
> https://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting
>
> Espera uns días (2-4) e se ninguén expresa ningún inconvinte, como é o
> habitual,
> o seguinte paso e encher un pequeno formulario:
> http://www.sindominio.net/hackmeeting/index.php?title=Especial:FormEdit/Nodos_2011
>
>
>                    outras formas de participación
>                ====================================
>
> Outros xeitos de participación, aparte dos nodos de actividades (como
> aportar material, participar nas asembleas, coordinar actividades, facer
> streaming, traducións, etc.) son benvidas e necesarias. Para máis información 
> e
> coordinación a asemblea do Hackmeeting reúnese telemática e
> permanentemente na lista de correo hackmeeting @ sindominio.net.
> Podedes subscribirvos
> libremente, aínda que sexa só por ver como xestionamos o encontro e de
> paso poder participar en calquera momento:
> http://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting
>
>
>
>                            máis información
>                ====================================
>
> O primeiro Hackmeeting fíxose en Florencia o 1998, e desde entón fóronse
> repetindo anualmente en Italia (a web http://hackmeeting.org recolle o
> último HM celebrado en Italia e enlaces a todos os anteriores). O 2000
> celebrouse o primeiro hackmeeting hispanoparlante en Barcelona e temos
> ido repetindo
> o encontro todos os anos.
>
> Para máis información, podédesnos escribir á lista de correo
> hackmeet...@sindominio.net
>  ou visitar directamente a páxina web do hackmeeting:
> http://sindominio.net/hackmeeting
>
> Versión web do Call4Nodes:
> http://sindominio.net/hackmeeting/index.php?title=2011/Call4Nodes
> ======
>
> apertas,
> --
> Roberto Brenlla
> CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L.
> http://brenlla.tegnix.com
> http://www.tegnix.com
> http://www.agnix.org
> Identi.ca, Jabber.org, ekiganet, GTalk, Twitter., LinkedIn.. => brenlla
> GNU/Linux user #124.437 since 1997
> Licensed Economist and Free Software advocate focused on expanding
> the benefits of free knowledge transmission for a fast-growing
> democratic society.
> So, please, don't send me files with extensions: .doc, .docx, .xls,
> xlsx, .ppt and/or .pptx
> ---
>
> _______________________________________________
> Guls mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls



--
Diego Lendoiro

Inestable GNU/Linux Users Group Member | http://www.inestable.org

In the beginning was the command line


_______________________________________________
Guls mailing list
g...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls




-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a