Bos días, tardes e noites.

Posto que opino que unha presentación nunca está de máis... Chámome Ivan
mais as miñas traduccións sempre as "asino" como Jon ou Jan, segundo o día.
Falo inglés, galego, portugués, español e non teño moitos problemas en
francés, italiano e latín (nunca se sabe); estou a aprender ruso, finlandés
e alemá. Estiven a participar durante unha tempada na Galipedia e agora
estou interesado en crear a versión galega de Wikitravel, un proxecto
similar á Wikipedia pero sobre viaxes e cuxa fama vai aumentando
rapidamente. Por desgraza o galego non se atopa entre a lista de linguas e
posto que o dito proxecto e un escaparate moi bo para a nosa cultura,
paréceme boa idea participar.

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
  • [no subject] Jon Mayen

Responderlle a