[Perdón, é off-topic, xa o sei. Permitídemo esta vez]

Acabo de crear  a solicitude inicial para comezar co Wikitravel en galego.
Son precisos tres voluntarios para que se cre efectivamente. Contando
comigo e con Jon Mayen faría falta alguén máis para avalar o proxecto (o
mínimo son tres persoas pero se hai máis talvez se acelere o proceso).

Para axudar abonda con rexistrarse en
http://wikitravel.org/shared/Special:Userlogin e (acceder despois e) ir a
http://wikitravel.org/shared/Galician_Wikitravel_Expedition - Aquí hai unha
explicación (en inglés). Hai que sumarse ao proxecto. Para isto, premedes o
[edit] que hai á dereita do título desa sección (Gathering a team of users)
e escribides catro ~ (AltGr+4) por baixo do meu nome.

Perdón por este off-topic.

Xosé


2011/11/24 Xosé <xoseca...@gmail.com>

> Coñézoo. Conta comigo.
>
> Xosé
>
> Em 2011/11/24 16:31, "Jon Mayen" <mayen...@gmail.com> escreveu:
>
>
> Bos días, tardes e noites.
>
> Posto que opino que unha presentación nunca está de máis... Chámome Ivan
> mais as miñas traduccións sempre as "asino" como Jon ou Jan, segundo o día.
> Falo inglés, galego, portugués, español e non teño moitos problemas en
> francés, italiano e latín (nunca se sabe); estou a aprender ruso, finlandés
> e alemá. Estiven a participar durante unha tempada na Galipedia e agora
> estou interesado en crear a versión galega de Wikitravel, un proxecto
> similar á Wikipedia pero sobre viaxes e cuxa fama vai aumentando
> rapidamente. Por desgraza o galego non se atopa entre a lista de linguas e
> posto que o dito proxecto e un escaparate moi bo para a nosa cultura,
> paréceme boa idea participar.
>
> Un saúdo.
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a