Non é tema de escoller entre gl ou gl_ES por libre albedrío senón polo
estándar de identificación de idioma que che obriguen/aconsellen no teu
proxecto.
Pregunta que seguro que dirán entre un dos ISO 639.
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
On Xov 15 Dec 2011 16:34:43 CET, Leandro Regueiro wrote:
2011/12/15 Xose M<[email protected]>:
grazas,
liei un pouco o asunto con tanto "equipo".
con "equipo" referíame tanto o meu ordenador personal (onde mirei que locale
está instalado) coma o conxunto de traductores do idioma indicado.
pero grazas, crearei o "grupo" de traductores ao galego (gl) do aplicativo
en Transifex. Despois, unha vez rematado, pois creo o de gl_ES e copio o
mesmo ficheiro e listo.
Con ter o o "grupo" de traductores ao galego (gl) xa é máis que suficiente.
¿por qué hai dous indicativos do idioma galego? ¿o galego mundial e o galego
de españa? :P
Nalgúns proxectos obrigan ou obrigaban a ter o código do idioma e o do
país, a pesar de que en casos como o do galego é unha parvada facer
iso. Outros proxectos copiaron o sistema sen investigar, e por iso se
ve tanto o de gl_ES. A maioría dos proxectos de tradución ao galego
empregan só o código do idioma, é dicir, gl.
Deica
On 15 December 2011 08:28, Adrián Chaves Fernández
<[email protected]> wrote:
O Xoves, 15 de Decembro de 2011 08:09:38 Xose M escribiu:
bo día a tod@s
atopei un proxecto no que poder colaborar en Transifex, e no momento de
solicitar a creación do "equipo" do idioma aparécenme como opcións
*gl* e *gl_ES.
*Mirei no meu equipo e vexo que utiliza gl_ES, pero non sei se creando
ou
escollendo gl, despois sería igualmente aceptado. Quero dicir, son as
dúas
opcións independentes ou unha inclúe a outra? Cal recomendades ou qué
implicacións ten escoller unha ou outra? grazas.
Se o equipo xa existe, como dis, propón cambialo a «gl» (as traducións van
ser
as mesmas en calquera país no que viva o usuario).
O proceso logo é sinxelo se non son moitos ficheiros, descargar de gl_ES e
subir a gl.
Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
--
Xose M
----------------
Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
----------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto