Que opinades?. Sumámonos ó Día da Liberdade dos documentos?.

Saúdos!

---------- Forwarded message ----------
From: Comunidade O Zulo <comunidadeoz...@gmail.com>
Date: 2012/3/26
Subject: [Guls] Dia liberdade dos documentos 2012: baixa o teu sitio o 28
marzo!!!!
To: Grupos e asociacións de usuarios de GNU/Linux de Galicia <
g...@mancomun.org>


Ola!

O vindeiro 28 de marzo celébrase o "Día da liberdade dos
documentos"<http://documentfreedom.org/>.


O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante
por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e
o Software Libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en
todo o mundo o día 28 de marzo.

O obxectivo é chamar atención sobre a importancia de conservar os
documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares
abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos,
integrar unha rede global e coordinar actividades para difundir a
importancia destes conceptos na era dixital.

O pasado fin de semana co gallo da IV #noitedl en A Coruña, membros de
GALPon, Inestable, Ociorum.org e Comunidade O Zulo, acordamos promover unha
revolta dixital o 28 de marzo de 2012 baixando o maior número de sitios web
en protesta polo uso de software e formatos privativos e apoiando os uso de
formatos e estándares abertos, esenciais para conservar a liberdade.

*Queremos contribuír ao uso dos estándares invitando a toda a comunidade
galega de usuarios/as de software libre, institucións e en xeral a toda a
cidadanía a pechar os seus sitios web o 28 de marzo.*
Baixa o teu sitio o 28 marzo!!!!!

*Cómo pecho o meu sitio web?*

Descarga 
dfd.comunidadeozulo.org/dfd2012.tar.gz<http://comunidadeozulo.org/web/dfd.comunidadeozulo.org/dfd2012.tar.gz>e
configura a túa páxina para que mostre o contido do arquivo html .
Podes
ver unha demostración en http://dfd.comunidadeozulo.org

Se non te queres complicar tamén podes redireccionar o teu dominio
temporalmente a http://dfd.comunidadeozulo.org

Mudaches o teu sitio web pola
SOPA<http://es.wikipedia.org/wiki/Stop_Online_Piracy_Act>e agora non o
pensas facer polo
DFD2012 <http://documentfreedom.org/>?


Comunidade O Zulo
Promovendo Software e Cultura Libre dende 2003
www.comunidadeozulo.org

_______________________________________________
Guls mailing list
g...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a