+1

2012/3/26 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> Que opinades?. Sumámonos ó Día da Liberdade dos documentos?.
>
> Saúdos!
>
> ---------- Forwarded message ----------
> From: Comunidade O Zulo <comunidadeoz...@gmail.com>
> Date: 2012/3/26
> Subject: [Guls] Dia liberdade dos documentos 2012: baixa o teu sitio o 28
> marzo!!!!
> To: Grupos e asociacións de usuarios de GNU/Linux de Galicia <
> g...@mancomun.org>
>
>
> Ola!
>
> O vindeiro 28 de marzo celébrase o "Día da liberdade dos 
> documentos"<http://documentfreedom.org/>.
>
>
> O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante
> por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e
> o Software Libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en
> todo o mundo o día 28 de marzo.
>
> O obxectivo é chamar atención sobre a importancia de conservar os
> documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares
> abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos,
> integrar unha rede global e coordinar actividades para difundir a
> importancia destes conceptos na era dixital.
>
> O pasado fin de semana co gallo da IV #noitedl en A Coruña, membros de
> GALPon, Inestable, Ociorum.org e Comunidade O Zulo, acordamos promover unha
> revolta dixital o 28 de marzo de 2012 baixando o maior número de sitios web
> en protesta polo uso de software e formatos privativos e apoiando os uso de
> formatos e estándares abertos, esenciais para conservar a liberdade.
>
> *Queremos contribuír ao uso dos estándares invitando a toda a comunidade
> galega de usuarios/as de software libre, institucións e en xeral a toda a
> cidadanía a pechar os seus sitios web o 28 de marzo.*
> Baixa o teu sitio o 28 marzo!!!!!
>
> *Cómo pecho o meu sitio web?*
>
> Descarga 
> dfd.comunidadeozulo.org/dfd2012.tar.gz<http://comunidadeozulo.org/web/dfd.comunidadeozulo.org/dfd2012.tar.gz>e
>  configura a túa páxina para que mostre o contido do arquivo html . Podes
> ver unha demostración en http://dfd.comunidadeozulo.org
>
> Se non te queres complicar tamén podes redireccionar o teu dominio
> temporalmente a http://dfd.comunidadeozulo.org
>
> Mudaches o teu sitio web pola 
> SOPA<http://es.wikipedia.org/wiki/Stop_Online_Piracy_Act>e agora non o pensas 
> facer polo
> DFD2012 <http://documentfreedom.org/>?
>
>
> Comunidade O Zulo
> Promovendo Software e Cultura Libre dende 2003
> www.comunidadeozulo.org
>
> _______________________________________________
> Guls mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a