Non pasa nada, Keko. Dáme pena que as novas sobre Firefox non pasen por aquí cando ti es o que está facendo o traballo. Se podes, a ver se redactas unha nova sobre Firefox que poidamos publicar, polo menos para que se saiba quen o traduce, que os de Código Cero non o din e hai que sacarlle lustre ao teu esforzo, home. Seguir o ritmo de versións é imposible, creo, pero redactar algo sobre o proxecto galego de Firefox estaría ben. A última noticia que temos é do Firefox 4. E está tamén prevista unha páxina ou algo así. http://www.trasno.net/content/firefox-e-outros-produtos-da-fundaci%C3%B3n-mozilla
Se te ves moi liado, redacta algo e alguén o publicará. El día 24 de abril de 2012 13:47, Enrique Estévez Fernández <[email protected]> escribió: > Ola Antón. > > Que pasou coa nova. Non entendo o de como non se nos avisa. > > Con respecto ao que contan do ritmo frenético, cada seis semanas sae > unha nova versión, pero xa se pode traballar coa beta, que sería o > firefox 13 e con aurora, que sería o firefox 14, sen moito problema, a > estabilidade é case perfecta. E máis, eu estou traballando con firefox > nightly, que sería o 15, sempre coa última todos os días, polo de > probar as traducións que vou facendo. > > Cuestión de gustos. > > Saúdos. > > 2012/4/24 Antón Méixome <[email protected]>: >> http://codigocero.com/Disponible-para-a-sua-descarga-o,18749 >> >> Aaaai, señor >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

