On Mon, 9 Aug 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote: > > Excepto que xa escollemo-la norma, creo recordar ben. Creo que > >mellor coller algo que está claramente documentado como norma e ademáis é > >oficial, que busca-lo galego que máis nos interese a cada un, que vai ser > >seguramente distinto. > Punto un: As normas reintegradas están perfectamente documentadas. > Outra cousa é que non se ensinen nas escolas ou en BUP.
A miña experiencia é que a documentación sobre normas reintegracionistas como mínimo son contradictorias. A razón é moi sinxela, pero de difícil solución oficial: non hai un organismo xa que faga esforzos para uniformizalo. Hai persoas, moitas, que o defenden, pero non parece posible, dada-las circunstancias político-sociais actuais que permitan a creación dunha segunda academia. E en referencia á academia actual, a posición reintegracionista xa non ten a forza de outro tempo. > > Dende logo que aproveita-las traduccións de portugués pode ser moi > >interesante e aforrarnos tempo, pero de todas formas, hay que ter coidado, > >que non é o mesmo (que eu sepa os de catalán non collen francés, por > >exemplo). > Buff, perdón por se a palabra soa un pouco forte, pero esa > comparación é unha "desafortunada" ÍDEM, o catalán non ten nada que ver co > francés (alomenos ten tanto que ver co francés como co español), e > en troques o portugués xurdiu como un dialecto do galego (galego-portugués, > vale > pero nótese a orde en que se di), que se oficializou trala independencia de > Portugal. Siiii, tiven en conta iso. Pero o que pretendo dicir é que non se pode considerar dúas linguas iguais pola súa orixe. Din este exemplo por razóns obvias: o catalán está moi influido polo francés, e como razón clara está a cercanía xeográfica; o francés influiu no catalán moito máis que o castelán de feito. E sen embargo, a influencia do portugués no galego e viceversa non existiu de forma explícita dende a separación. Corríxeme se non é certo. > Si os cataláns colleran como base as traduccións francesas, non se podería > dicir que os burros estean en perigo de extinción na península ibérica. > Non é que sexa distinto, é que non ten ningún punto en común. Hai unha bifurcación clara entre francés e catalán, que se produce no primeiro tramo da idade media. A separación clara do galego e o portugués prodúcese máis tarde, pero prodúcese. Por iso puxen ese exemplo. Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es [GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena | DynDNS: metalicana.ddns.org | Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu -- Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es poniendo "unsubscribe" na mesaxe