Tue, Aug 31, 1999 at 05:22:01PM +0200, Jacobo Tarrio escribió:

> msgmerge -o nova_traduccion.po xa-feita_gl.po novo-ficheiro.pot
>
> Isto grava no ficheiro 'nova_traduccion.po' as traduccións que xa
>estiveran feitas no ficheiro 'xa-feita_gl.po' e que sigan tendo unha cadea
>en 'novo-ficheiro.pot'. Tamén adapta a 'nova_traduccion.po' para que
>pareza como se xa traducíramos directametne do 'novo-ficheiro.pot'

        Eeeer, mmmm, ben, non sei se alguén probou xa isto... o caso é que
o msgmerge "mólase a sí mesmo", i é moi intelixente, o rapaz... así que
cando o msgid non é exacto, colle a súa impresionante "fuzzy logic" e
adiviña qué msgstr lle debe asociar.

        Home, si, parvo non é, pero ten dous problemas:

1.- Erra algunhas das traduccións
2.- Como cambiou algo do msgid, é probable que a traducción non sexa
completa (p.ex, unha nova opción de liña de comandos)

        Mais non todo tiñan que ser desgracias. ;-)  Por sorte, alguén
decidiu que ó traductor non lle faría gracia revisar tódalas entradas, unha
por unha, ata atopar algunha cambiada.  De modo que o que fixeron é engadir
unha liña especial (#, fuzzy) antes de cada traducción "sospeitosa".  O
msgfmt, ó compilar, ignora todas aquelas que teñan esa liña, xa que antes o
traductor ten que revisalas.

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a