On Wed, 22 Sep 1999, Rubén wrote:
> * Support multiple CNAMEs
> -contexto: DNS
Soportar múltiples CNAMEs. CNAME é un termo técnico de Bind, non
vexo motivo para traducilo. E un alias, polo menos na configuración do
Bind. E se queres unha traducción, tes o de Nome canónico ou Nome
normalizado (CNAME=Canonical NAME). Pero creo que CNAME é máis claro.
> * Forward
> -contexto: DNS
> -supoño que será similar ó significado nos mails, e non sirve reenviar,
> porque iso da a impresión de enviar outra vez ó mesmo sitio.
Desvío. Igual que o Call-forward (desvío de chamadas).
> * Name Ck
> -contexto: DNS
Home, Ck soe ser Check. Pero non estou seguro neste caso :-?
> * Log file
> -esto aparece un ¿ovo? de veces, e estouno a deixar tal cal, ainda que nun
> mensaxe de coña da traducción de gdm (deses de depuración, a mitade tiñan
> cousas de coña), puxen caderno de bitácora... }:-)
En clase de bases de datos (en castelán) diciamos "fichero de
log". A función é a de rexistrar ocurrencias (rexistro) ou a de apuntar
incidencias (parte, folla de parte). O de rexistro soaría ben se non fora
porque xa se usa en cousas ben distintas (arbol de rexistro ISO, rexistro
de Windows, rexistro de OIDs...).
Jose Dapena Paz | mailto:[email protected]
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
| DynDNS: metalicana.ddns.org
| Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe