O Wed  6 Oct 1999 21:39:13 +0200, Julio jose Gomez Diaz escribía:

>       Se empregas a outra normativa, o galego que falas está ben, non
> terás que cambiar a orde nas oracións, nen pronunciar coma un portugués,
> que tampouco somos portugueses.

 É que eu teño a parva idea, mira ti, de que un idioma coma Deus manda
debería ter unha ortografía o máis fonética posible :-)

 Porque eu non quero que o galego acabe coma o francés, que escriben
Châteaubriand e len Xatobgió. [Os nenos franceses non conseguen aprender a
ler e a escribir ata moito máis tarde cós nenos españois, e o número de
faltas de ortografía do adulto francés medio é superior ó dun español, por
ese mesmo motivo. Levan moitos anos tratando de simplifica-la súa ortografía
para facela máis sinxela, pero levan demasiado lastre].

-- 
Un saludo: Jacobo Tarrío, miembro de GPUL
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a