El día 02/May/2000, Jacobo Tarrio escribía:
> No Xerais do 93 (que creo que é o que teño eu: tapas duras, sen
> gardacubertas, senón que o título está imprimido directamente sobre estas)
> xa pon 'Icona' :-)
Eu *non* vou traducir icono coma "icona" aínda que baixe Cristo e me
diga que é así. Paréceme unha cousa totalmente estúpida.
Unha cousiña que se me ocurre: xa sei que nós non somos lingüistas,
pero ... ¿non credes que no tocante ó vocabulario técnico temos algo que
dicir, aparte do que digan os expertos? Os expertos poden dicir cal é a
traducción máis axeitada segundo a evolución da linguaxe, e todo iso; pero non
creo que pensen moito no significado do que traducen, nin nas traduccións que
xa, "de facto", se fixeron. Dígoo por casos como este da "icona". Manda
carallo.
A miña inculta e ignorante opinión nada máis O:-)
--
Roberto Suarez Soto · Fidonet in Spain:
[email protected] · http://welcome.to/probbs
Corgo/Lugo/Galicia/Spain · http://www.ctv.es/USERS/jtarrio
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe