Sat, May 06, 2000 at 11:02:56PM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:
>> icona, ícone, icono, icône, icon, ikon, ou como lle queiras chamar:
>>
>> "Imaxe relixiosa na igrexa ortodoxa rusa"
>
>mec mec! (¿erro!? ;))))
>
> * icono: (do grego eikonos = imaxe (=> un punto a favor)). imaxe
>relixiosa da igrexa ortodoxa (e non só rusa).
O de que non é só rusa é importante, ¿non? X'DDD
> * icon(o)-: (prefixo) elemento grego de formación de palabras que
>exprea a idea de imaxe (iconografía, iconoclasta, ...)
>
>con isto eu creo que é perfectamente válida esa palabra para referirse
>ao "conceto" (lembremos que o que importa é o "conceto" ;)); incluso
>está máis xustificado que en iconoclasta por exemplo.
Que si, que eu non digo que non, que é unha palabra que colleron os
ingleses e lle deron ese significado, e por harmonizar todo o mundo a usa ó
traducir programas informáticos.
O que digo é que é un termo reutilizado, non un termo novo. E
ademais só existe unha variante no diccionario, de xeito que non temos
capacidade de elección (como si podemos facer con enlace/ligazón, que ambas
significan o mesmo pero podemos elixir a que queiramos para darlle o
significado que precisamos)
>só unha cousa: insisto insistentemente en deixar isto para máis tarde,
>andar con mensaxes cruzadas en varias listas non ten moito sentido cando
>dentro de pouco o poderemos facer nunha sóa.
Bah, caralladas. X'DDDDD
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras