Ola,
Só quero escoitar opinións acerca da traducción deses termos.
Clipboard:
*********
pt: área de transferência, clipboard
es: portapapeles, portafolios
ca: portapapers, porta-retalls, portafolis
fr: presse-papier
Traduccións usadas ata agora en galego:
portapapeis (=es), portafolios (=es), porta-retallos (=ca), cartafol
O de cartafol foi unha suxerencia da miña curmá, e polo momento cos
que falei gustoulles (e tamén a min). Tamén está a opción de cartapacio,
pero non soa tan ben.
Persoalmente, non me gusta área de transferencia, porta-retallos
paréceme catalanismo, e portapapeis e portafolios castelanismos (nin sequera
veñen no diccionario)
Icon:
****
pt: ícone (s.m)
es: icono (s.m)
fr: icône (s.f)
ca: icona (s.f)
Aquí estou liado, porque nos diccionarios antigos (o Xerais do 87
que parece que temos case todos ;-D) di que é icono (s.m), como en
castelán, pero semella que nos máis modernos os lingüistas decidiron que
sexa icona (s.f), con xénero feminino coma no francés.
¿Segue isto a ser así? (nunca se sabe cos lingüistas) ;-)
A única referencia que teño é do Xis, pero no Glosario.DBF atopei
tanto ícone (coma en portugués), como icona.
Opinións, respostas, análises...
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras