Sun, May 14, 2000 at 08:59:19PM +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribiu:
> Rematei de traduci-lo gimp.pot, compileino e instaleino no
>directorio correspondente, pero ó inicia-la aplicación descubrin que
>algunhas cousas aparecen sen traducir. A simple vista aparecen sen
>traducir File, Xtns, help e algunhos submenús. ¿Sabedes a que pode ser
>debido? A min acordaseme que pode ser a que os outros pot ainda estan
>sen rematar e usan estes nomes na version orixinal, pero non sei.
Cando pasa iso, o habitual é que estás a usa unha versión do
programa superior á traducción que ti fixeches. Un exemplo. Poñamos que
ti traduciches a versión 1.1.16, e nesa versión o programa usa a seguinte
cadea:
printf(_("_File));
No teu .pot que traduciches terás:
msgid "_File"
msgstr "_Ficheiro"
Unha vez que o compilas, o programa o único que fai é buscar a
cadea "_File", e poñe-la súa traducción "_Ficheiro"
Pero se a versión do programa que executas é superior, e por
algunha razón o cambiaron e agora é "/_File", pois simplemente non vai
atopar esa cadea no ficheiro .mo compilado e a vai deixar en inglés.
Non sei se é este o caso, pero pode ser. :-???
O que hai que facer é o famoso msgmerge (xa che dixen que terías
que usalo) X'))) Tes que coller o .pot actualizado (cando se actualice o
espello na páxina web de Jacobo, en
http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/gnome/pot/gimp.pot), e facer:
msgmerge gl.po gimp.pot -o gl.novo.po
Onde gl.po é a túa traducción e gl.novo.po é o novo ficheiro coa
traducción actualizada á nova versión.
Usa este comando para ver o estado da túa traducción:
msgfmt --statistics gl.po -o /dev/null
As traduccións difusas non son correctas. Cando o msgmerge mestura
a traducción antigua e o .pot actualizado, e atopa cadeas parecidas, pero
non exactas, fai unha difusa. Por exemplo, no caso anterior, terías no
orixinal:
msgid "_File"
msgstr "_Ficheiro"
E no resultado do msgmerge:
#, fuzzy
msgid "/_File"
msgstr "_Ficheiro"
Como ves, non é válida porque non é exactamente igual á orixinal.
O que tes que facer é arranxala (neste caso só tes que poñer a barra
diante), e quitar o de "fuzzy" para que se interprete como unha cadea ben
traducida.
Imaxino que expliquei xa cousas que xa sabías, pero bueno. ;-)))
Se tes algunha dúbida pregunta.
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe